Non hai dúbida. Tanto Ainara como Ana, das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo, reinan no medio fondo escolar a nivel galego.
O pasado domingo na localidade de Sada, Ainara Rodríguez convertíase na nova campioa galega de 1000 en ruta. Pero, por detrás entraba como subcampioa Ana Vallines.
Tamén subían ó podio en Veteranas A Marisa Ares(bronce) na milla popular e en prebenxamín na popular Henar Méndez(ouro).
TODOS OS RESULTADOS
INFANTIL FEMININO: 1000 MTS
– AINARA RODRÍGUEZ ARES. CAMPIOA GALEGA. 1ª CLASIFICADA. TEMPO DE 3,47.
– ANA VALLINES FDEZ. SUBCAMPIOA GALEGA. 2ª CLASIFICADA. 3,53
– CLAUDIA GRAÑA. 22. 4,22
– AINHOA LÓPEZ. 24. 4,27
INF. MASCULINO: VÍCTOR LÓPEZ. 29º. 4,57
AV. MASCULINO: NICOLÁS ÁLVAREZ. 5º. 4,00
AV. FEMININO: VALERIA ÁLVAREZ. 30ª. 5,24
BX. FEMININO: IRIA RGUEZ. 7ª. 4,43
BX. MASCULINO: IAN MÉNDEZ. 4º. 4,10
xUVENIL FEMININO: CARMEN LÓPEZ. 6ª. 6,41(1600 MTS)
Populares
Henar Méndez: 1ª. Medalla de Ouro. Cat. Prebenxamín. 300 mtx.
Popular Feminina. 1600 mts
– Marisa Ares. 3ª. Medalla de bronce. 6,40
– Loli Piñeiro. 11ª. 6,52
Popular Masculina. 1600 mts.
– Luís Graña. 4º. 5,31
– Juan Méndez. 9º. 5,43.
Xa o día anterior, o sábado 11 de abril, a expedición das Escolas desprazárase a Tapia para participar na Carreira de As Poleas onde lograron 16 podios e múltiples triunfos.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
