Lugo, 16 de abril de 2015. Ante as noticias sobre sector lácteo aparecidas na prensa este xoves, dende a Federación Rural Galega queremos manifestar a nosa postura sobre a problemática que sufrimos actualmente @s produtor@s de leite galeg@s.
Dende FRUGA, sempre mantivemos a necesidade de organismos interprofesionais, nos cales estiveran involucrados tódolos axentes que participan no proceso de comercialización do leite, gandeiros, industrias e distribución. Estes organismos interprofesionais pasan pola creación dunha interprofesional láctea galega, organismo que na última etapa o goberno do partido popular se encargou de liquidar, co beneplácito das principais organizacións profesionais agrarias galegas.
A día de hoxe fálase de Mediación, de Arbitraxe, e dende logo non se fala do principal punto que non é outro que a negociación. A administración galega mira para outro lado, e logo observamos declaracións como as da conselleira do Medio Rural, nas cales dí que a súa intervención pode ser contraproducente para un proceso negociador. O cal demostra unha falta de interese total por este sector, e un descoñecemento absoluto da problemática que sofren a día de hoxe @s produtor@s de leite galeg@s.
Os prezos actuais non cobren os custos de produción, a indefensión que sofren as explotacións galegas cando teñen que asinar un contrato, tradúcese en que se non asinas non tes garantías de recollida, e por outra banda os prezos son fixados de forma unilateral por parte da industria. A gran distribución segue a utilizar o leite como produto reclamo, vendo ofertas de leite a 0,29 euros, o cal repercute de forma directa no prezo que lle paga as industrias, e estas aplican as rebaixas @s gandeiros e gandeiras.
Ante esta situación de emerxencia que se vive no sector lácteo galego, dende FRUGA consideramos urxente a intervención directa da administración, que pasaría pola creación da Interprofesional Láctea Galega, e un inmediato proceso negociador, no cal a Consellería ten que ter un papel clave, que sirva para garantir uns prezos dignos para @s produtor@s de leite. Podemos falar de mediación, podemos falar de arbitraxe, pero primeiramente temos que falar de negociación, e de acordos que garantan uns prezos mínimos, e para elo é preciso un papel decisorio da propia administración galega, do contrario Galiza seguira a cobrar o leite por debaixo dos custos de produción e como tal seguiremos cos prezos mais baixos da UE.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



