Trabada, 19 de abril de 2015. O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, respaldou este domingo en Trabada a candidatura socialista encabezada por Mayra García Bermúdez.
“Representa a nova xeración de socialistas chamados a gobernar para a cidadanía, empezando polos concellos desde o próximo 24 de maio”, manifestou o líder dos socialistas galegos.
“Mayra é o exemplo de que o socialismo ven con forza para demostrar que é posible outra forma de gobernar, sen endebedar as administracións locais e defendendo os servizos públicos; así o facemos sempre os socialistas cando gobernamos”, afirmou.
Durante a súa intervención no acto de presentación da candidatura, Besteiro lamentou “o escaso interese do Partido Popular polo benestar da cidadanía, non gobernan para o pobo”.
García Bermúdez continúa a etapa que comezou hai catro anos, “con moita forza, ánimo e con moitas ganas de cambiar o meu concello, e de cambiar a forma de facer política para saír da parálise na que estamos inmersos. Teño que decir que ganei experiencia e que agora sei que o cambio é posible”. Para elo, configurou un equipo renovado no 70%, e que combina xuventude e experiencia. “O que nos caracteriza a todos os que formamos a lista é a implicación, a vontade e a ilusión” subliñou.
É que a alcaldable chegou á política en 2011 con tan só 22 anos, ocupando xa daquela o número 2 da lista. Trátase, por tanto, da candidata máis xoven da provincia. “Estou satisfeito do proxecto que presentas, pois encarna o espírito da renovación que queremos os socialistas, e que comezamos en Madrid da man do noso secretario xeral e, en Galicia, con José Ramón Gómez Besteiro. Representas a frescura que queremos para o noso Partido. Creo que sempre hai que apostar ao cabalo gañador, e vos reunides todas as condicións para ser o cabalo gañador de Trabada: compromiso, dedicación, traballo e criterio”, indicou Juan Carlos González Santín, secretario xeral de los socialistas de Lugo.
O PSOE, con Mayra García á cabeza, asume así unha profunda transformación, e faino a través dunha lista na que, precisamente, se quixo dar unha oportunidade aos mozos; todo o contrario, sinalou o secretario Provincial, do que están a facer os actuais Gobernos. “Basta con lembrar o que dixo unha deputada do PP de Valencia quen hai uns meses dixo publicamente que a emigración dos mozos non só se debe á crise, senón ao espírito aventureiro. Pois eu lle digo a esta deputada que xa está ben. Nin mobilidade exterior, nin espírito aventureiro. O que está sofrindo a xeración da Mayra é a expulsión forzosa da súa terra, do seu entorno e da súa vida. Unha diáspora que ten cara e ollos; mozos e mozas que deixaron a súa familia, os seus amigos e a súa vida porque non lles queda outra vía mellor. E todo porque a política económica do PP non lles deixa outra opción”.
A este respecto, Santín subliñou que “cada persoa que se vai é unha perdida para a nosa sociedade. E isto non é cuestión da crise é cuestión dunha ideoloxía conservadora e retrógada. É consecuencia desta dereita que xa vos digo que ten as súas portas cerca, polo menos en Trabada…. Fixádevos, mentras o paro baixa noutros concellos, o pasado mes, aquí na Mariña, subiu en Ourol, Xove, O Valadouro e Trabada…. Fálannos de recuperación, pero sen emprego, a recuperación non existe. Agora din que é un problema de comunicación, falso, é como vos dicía unha cuestión ideolóxica”, defendeu o secretario Provincial.
Programa
Para evitar esta “fuga de xente”, a alcaldable elaborará un programa centrado en tres piares básicos: combatir o despoboamento, a desigualdade e a falta de emprego. E é que, segundo destacou Mayra García, a necesidade máis importante de Trabada é a de fixar poboación. Por iso, as claves para logralo pasan por garantir os servizos públicos de calidade no rural, crear postos de traballo de calidade e favorecer o autoemprego. Trátase de impulsar iniciativas, dixo, como a residencia para as persoas maiores que está a facer o goberno socialista da Deputación; “un investimento vital para o noso concello, xa que tendo en conta a nosa realidade demográfica cunha poboación avellentada é un servizo prioritario”.
“Traballaremos para que a xuventude poida vivir e traballar en Trabada, sen verse obrigada a marchar. Necesitamos crear emprego, fomentar as industrias e o comercio local. E iso farémolo coa posta en marcha do polígono industrial”. No sector primario, destacou a importancia do forestal e da agrogandeiría. “Apoiaremos decididamente medidas para transformar aquí os nosos produtos, para incrementar o valor engadido porque temos unha gran riqueza, que é a materia prima”, adiantou.
Economía local
A este respecto, a socialista tamén apostará por “promocionar o noso concello e poñelo no mapa”. “Precisamos fomentar conxuntamente o turismo rural e o sector hostaleiro, potenciar o Camiño de Santiago, manter as rutas de senderismo e recuperar a Ruta do Ferrocarril que son un estímulo que redunda positivamente no desenvolvemento económico do municipio”. Asemade, tamén se implicará coas parroquias, “con todas por igual, sen excepcións. Un punto de vital importancia é a aprobación do PXOM, acorde con este municipio”, indicou.
Compromiso coa transparencia
“Comprometémonos coa transparencia. Nós publicaremos todos os procesos na páxina web do Concello, para que os cidadáns sexan coñecedores dos gastos do concello e dos procesos de selección de persoal”. Ademais, adoptaranse medidas no aspecto económico da entidade local, a través dunha xestión “sensata e coherente dos nosos recursos. Nós poñeremos as medidas necesarias para que realmente se gaste o que sexa necesario. Revisaremos os convenios con empresas privadas que nos prestan servizos para ver se no los prestan de forma eficiente e se estamos pagando o prezo real do mercado”, concluíu.
Candidatura
O proxecto que lidera Mayra García presenta unha profunda renovación, pois a media de idade sitúase nos 39 anos. Con todo, a alcaldable tamén quixo contar coa experiencia que lle aportará, entre outros, o primeiro suplente. Trátase de José María Barcia Gallo, o veterano do Partido, pois xa formou parte da candidatura das primeiras eleccións democráticas de Trabada, celebradas en 1.979.
Deste xeito, a lista completa, coa que a socialista se presenta ás eleccións municipais, é a seguinte:
1. Mayra García Bermúdez. 26 anos. Diplomada en Ciencias Empresariais. Administrativa nunha cooperativa en Trabada. Voceira do grupo municipal, secretaria Xeral da agrupación local e coordinadora comarcal do PSOE na Mariña.
2. Miguel Fernández Freire. 31 anos. Licenciado en Dereito e abogado.
3. Alicia Yanes Maseda. Licenciada en Xeografía. Socia dunha academia de estudos. Anterior candidata.
4. Rubén García Freije. Empregado de supermercado. É o máis novo da candidatura.
5. Julia María Barcia Fernández. Licenciada en Ciencias Químicas. Desempregada.
6. Rosa María Pérez Prieto. Auxiliar de explotación e membro do comité de empresa de Africor Lugo.
7. Manuel Álvarez Gasalla. Empresario do sector forestal.
8. Suevia Reimondo Gasalla. Auxiliar de Enfermería. Na actualidade, é comercial dunha empresa aseguradora.
9. Hermenegildo Iglesias Vázquez. Licenciado en Historia. Profesor de Instituto.
Suplente:
10. José María Barcia Gallo. Gandeiro.



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



