A lectura é tan importante na formación humana, intelectual e cívica da persoa que fíxo decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: “Cando escoito que un individuo ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben dél ”. Dase por aceptado que a lectura é porta aberta á cultura, pois pode decirse que sen aquéla difícilmente se accede a ésta; daí que as institucións con responsabilidades neste eido, e conscentes da súa obriga moral de favorecer e estimular os vieiros que conducen ó desenvolvemento cultural dos cidadáns, se apliquen en artellar fórmulas que apoien e estimulen tal práctica.
A lectura; ou sexa, o libro, non só proporciona información senon que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise e esforzo, e recrea, fai gozar, entretén e distrae; axuda ó desenvolvemento e perfección da linguaxe e mellora a expresión oral e escrita, e faina mais fluída, mellorando as relacións humanas.
A idea orixinal da celebración do Día do Libro partiu de Cataluña, do valenciano Vicente Clavel que o propuxo á Camara Oficial do Libro de Barcelona. Pouco despois (1930) instaurase definitivamente o 23 de abril, data da morte en 1616 de dous xigantes da literatura universal: Cervantes e Shakespeare, aínda que non figuran o mesmo día porque Inglaterra non adoptara aínda o calendario gregoriano: a UNESCO declarouna de carácter mundial.Como o evento coincide coa festividade de San Jordi, patrono de Cataluña, fíxose alí tradicional, entre os namorados e persoas queridas, intercambiarse unha rosa e un libro, porque o agasallo deste é, “ ademais dun regalo, un delicado eloxio”.
O escritor arxentino Xosé Luis Borges escribíu: “ Hai quen non podería imaxinar un mundo sen paxaros ou un mundo sen auga ; no que a mín se refire son incapaz de imaxinar un mundo sen libros. O home creou a espada e o arado, prolongacións do brazo que os usa. Creou tamén o libro que é unha extensión secular da súa imaxinación e da súa memoria”…¡Fagamos uso dél!.
Suso Fernández.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



