RIBADEO, 20 DE ABRIL DE 2015.- O candidato socialista á alcaldía de Ribadeo -Roberto Ramos Piñeiro- e outros membros da lista, reuníronse durante a pasado fin de semana cos responsables de diversas asociacións do municipio. Nestes encontros, que continuarán nos vindeiros días cos representantes doutros colectivos, recolleron numerosas queixas pola labor do goberno local, sobre todo, debido á falla de transparencia, as trabas á participación cidadá e a xestión desordenada dos recursos municipais.
O alcaldable explicou que “realizamos diversas reunións con asociacións de varias parroquias e diferentes colectivos co fin de detectar as necesidades e inquedanzas dos cidadáns. Estes encontros continuarán durante as vindeiras semanas, previas ao inicio da campaña electoral”. Segundo Roberto Ramos “a idea é analizar a situación real do noso concello” e engadiu que “nos atopamos cun descontento xeneralizado sobre a xestión do equipo de goberno, sobre todo pola falta transparencia, as trabas á participación cidadá, a xestión desordenada dos recursos municipais, o desequilibrio de investimentos entre a vila e as parroquias, …”
Programa aberto á cidadanía
Por outra banda, “algúns representantes dos colectivos cos que nos reunimos propuxéronnos a substitución das multas dalgunhas sancións municipais por traballos sociais, o que incorporaremos ao noso programa”, explicou Roberto Ramos.
O alcaldable do PSdeG-PSOE en Ribadeo engadiu: “Escoitamos con atención todas as queixas e incorporaremos ao noso programa accións concretas para solucionar moitos dos problemas que nos comentaron. Gobernar co pobo é o noso obxectivo, dende a proximidade e a humildade. Esa é e será a nosa fórmula”.



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



