Foz, 20 de abril de 2015.- “A carretera da Costa é un obxetivo urxente. Non podemos permitirnos seguir convivindo con ese perigo real, e comezar unha temporada estival con esta carta de presentación aos nosos visitantes, porque o verán é o motor de moitas economías familiares do noso pobo. Esto é un despropósito total” afirma o candidato de FPF; Luis Alfonso Sixto.
No medio da nosa campaña #N642aNosaCarretera, que firmaron máis de 900 persoas, técnicos de Fomento viñeron a Foz nunha visita estrictamente privada co Alcalde e de costas ao pobo, para decirlle que nunhas semanas licitarían as obras, 4 semanas despois nada de nada.
O Alcalde afirmou que antes do verán as obras estarían listas pero temémonos que é un ENGANO máis, como o foi o seu programa electoral, un auténtico repertorio de retroceso para Foz.
Por eso pasamos a acción e o próximo venres pasaremos toda a noite na estrada para estar no Ministerio de Fomento pola mañá rexistrando unha petición urxente para a licitación da N642, esperando que a Ministra galega do PP; Ana Pastor nos conteste á cita que lle solicitamos para recibirnos.
Esta situación esconde un problema grave de DEMOCRACIA, unha loita entre os servos das élites dos partidos e os pobos da Mariña, “Foz, Plataforma de Futuro” está aquí pelexando polos veciños que non se sinten representados por este Alcalde sumiso, e que non planta cara ao seu partido, non sabemos que pensaba que significaba ser Alcalde de Foz.
Por todo isto convidamos a que nos acompañen nesta viaxe tanto ao Alcalde como aos políticos municipais, a tódolos veciños, aos colectivos sociales, e en especial a tódolos mozos/as de Foz que por motivos laborais teñen que sair dos seus fogares para residir lexos da súa terra, así coma ós veciños de toda a Mariña.Todas as persoas que desexen acompañarnos deben porse en contacto con nos antes do mércores para planificar a viaxe.
Non nos importan os kilómetros que teñamos que facer, impórtanos defender a dignidade do noso pobo e non fallarlle á nosa veciñanza, iso é o que temos na cabeza dende que nos presentamos a este reto.
Somos a alterniva da xente fronte aos partidos de sempre!



















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



