SAN CIBRAO .- O director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Felipe Árias, non clarexou o deputado popular, José Manuel Balseiro Orol, “como pretende protexer, preservar e poñer en valor” o xacemento arqueolóxico de A Atalaia, no que apareceron restos arqueolóxicos, tras iniciarse as obras de construción dun bloque de edificios. O deputado do PP, José Manuel Balseiro Orol, interesouse polas “previsións da Xunta de Galicia ao respecto destes restos de interese arqueolóxico alí aparecidos” e según afirma o PP, o responsable de Patrimonio, Felipe Arias, “non quixo clarexar esta cuestión baseándose en que aínda existen informes pendentes”.
Nota de Prensa
Jose Manuel Balseiro forzou a comparecencia deste alto cargo da Consellería de Cultura co obxecto de que dera explicacións sobre as xestións que a Xunta de Galicia ten previsto desenvolver en relación cos restos arqueolóxicos aparecidos na península de San Ciprián
O DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO NON ACLARA COMO PRETENDE “PRESERVAR, PROTEXER E POÑER EN VALOR” O CASTRO DA ATALIA
o A Xunta confirma que está a permitir a construción dun edificio nunha parcela na que existen 68 metros cadrados con valiosos restos arqueolóxicos.
A Mariña, 15 de setembro de 2008.- O director xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Felipe Árias, non quixo clarexar como pretende “protexer, preservar e poñer en valor” o xacemento arqueolóxico Punta Atalaia, situado na península de San Ciprián, no municipio lucense de Cervo, zona na que apareceron restos dun asentamento castrexo galaico-romano, tras iniciarse as obras de construción dun bloque de edificios. O deputado popular José Manuel Balseiro Orol forzou a comparecencia parlamentaria deste alto cargo da Consellería de Cultura na Cámara autonómica na tarde de hoxe, co obxecto de que explicase as previsións da Xunta de Galicia ao respecto destes restos de interese arqueolóxico alí aparecidos Pese a iso, Felipe Arias, non quixo clarexar esta cuestión baseándose en que aínda existen informes pendentes, que están a ser elaborados polos técnicos da Consellería de Cultura.
SILENCIO OFICIAL
Ata o momento o departamento que dirixe a nacionalista Anxela Bugallo non deu ningún tipo de explicación oficial. Gardaba silencio ante as peticións do Alcalde de Cervo e de varias asociacións para que explicase a fórmula que desde Cultura tiñan pensado levar a cabo para protexer estes restos. “Hoxe coñecemos cal é o motivo” –engade Balseiro- “Do debate da mesma deducimos que a pesar do tempo transcorrido desde que en abril de 2007 inventariaron este xacemento arqueolóxico Cultura aínda non ten claro que vai a facer cos restos do castro alí presentes” –conclúe o deputado autor da iniciativa parlamentaria- “Non sabemos se a Xunta de Galicia vai a liberar os terreos, adquirindo a súa propiedade, ou se pola contra permitirá a construción dun edificio sobre un castro que segundo eles mesmo afirman ten gran valor”
CULTURA AUTORIZA A CONSTRUCIÓN SOBRE O CASTRO
Pero sen dúbida a cuestión que máis chama a atención dos populares é o feito de que Felipe Árias confirmou que a Consellería de Cultura está a permitir a construción sobre a primeira das tres parcelas que son obxecto do análise arqueolóxico. “Todo iso malia que recoñece que alí existen aínda 68 metros cadrados sen alterar” polas obras de construción que alí se desenvolveron. “Falamos dunha pacela na que aínda existe un área previsiblemente fértil desde o punto de vista arqueolóxico e que agora quedará sepultada baixo o futuro edifico”- aclara Balseiro.
A este respecto o deputado popular fixo un chamamento aos veciños de San Ciprián e ás organizacións ecoloxistas que se teñen interesado sobre esta cuestión para que dean a súa opinión sobre este “incomprensible comportamento da Consellería de Cultura” que, “sabedora de que alí existen restos arqueolóxicos, está a permitir a construción dun edificio sobre os mesmos”
PETICIÓN OFICIAL PARA RESCATAR O TERREO
O deputado popular lembrou que o Concello de Cervo ten aprobado un acordo plenario polo que insta á Xunta de Galicia a protexer, preservar e poñer en valor este xacemento. A mesma petición será obxecto dun futuro debate no Parlamento de Galicia xa que o Grupo Parlamentario Popular rexistrou unha iniciativa que coincide con esta mesma petición “Todo iso tras ver a lentitude coa que está a actuar Cultura, as reticencias que parecen ter os dirixentes de este organismo para protexer os restos alí achados e, finalmente, para garantir que no futuro seguirán presentes un castro que constitúe unha pegada viva da nosa historia”.


















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



