RIBADEO .- O antigo colexio das monxas da rúa Trinidad de Ribadeo será un albergue de peregrinos que contará con unhas 40 prazas. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradeceu a consellería de Industria e ó Bispado de Mondoñedo os esforzos realizados para tentar converter o colexio en albergue; a obra a realizar contará cun investimento de 1,2 millóns de euros.
Nota de Prensa
O ALCALDE AVOGA POR POÑER EN VALOR A RIQUEZA QUE TEN RIBADEO NO SEU CASCO VELLO E AGRADECE A INDUSTRIA E A BISPADO O ESFORZO PARA CONVERTIR O ANTIGO COLEXIO DAS MONXAS EN ALBERGUE DE PEREGRINOS.
Ribadeo, 15 de setembro de 2008. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, agradecéulles á Consellería de Industria e ó Bispado de Mondoñedo os esforzos realizados para tentar convertir o antigo colexio das monxas ubicado na rúa Trinidad nun albergue de peregrinos. Unha actuación que suporá a creación de 40 novas prazas que se unen ás xa existentes no outro albergue que ten Ribadeo. A actuación a realizar contará cun investimento de 1,2 millóns de euros, e <agardamos que esta instalación estea lista para o Xacobeo 2010>, segundo asegurou o conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco.
O rexedor dixo que <será un dos mellores e máis importantes albergues de todos os camiños, porque a Consellería de Innovación e Industria e Fernando Blanco saben que Ribadeo ten un grande potencial turístico que ainda está por descubrir. Este departamento xa nos apoio en iniciativas que levamos adiante hai uns meses con Feve poñendo en marcha ese paquete turístico que trouxo á nosa vila e a toda esta zona a centos de asturianos durante o mes de xuño; tamén nos axudaron coa edición dos folletos turísticos que fixemos de Ribadeo, Rinlo e Arante e coas obras que se están a realizar no casco vello>.
O alcalde engadiu que <o casco vello é unha riqueza que hai que pola en valor>. E lembrou que <o outro día máis de 30 turoperadores de todo o mundo puideron disfrutar da beleza de Ribadeo, da súa ría… algo moi bonito, pero ainda nos faltan cousas. Nós tomamos esto coma un reto e agardamos que a Corporación Municipal nos axude a impulsar todas as medidas que poñamos en marcha de cara ao Xacobeo de 2010 e para o PEPRI tamén, estou convencido de que así será>.
E o Bispo de Mondoñedo, Manuel Sánchez Monge, avogou porque <a colaboración que vimos a manter desde hai tempo coa Xunta de Galicia continúe>. Sobre o edificio que se vai rehabilitar o Bispo sinalou que <para a diócesis sempre foi un motivo de preocupación xa que se atopa nun estado cáseque ruinoso e había que buscar algún camiño, algunha saída para ese inmoble do século XVII>.
Os traballos que se van desenvolver nese edificio, que conta cunha superficie duns 1.000 metros cadrados, permitirán compartir o espazo adicado a albergue e o uso da capela por parte do Bispado que podería destinarse a sala de exposicións ou de xuntanzas.
O Concello de Ribadeo acolleu esta mañá a sinatura dun convenio entre o Bispado de Mondoñedo, a Consellería de Industria e o propio Concello mediante o que a Igrexa lle cede á Xunta o edificio do antigo colexio das monxas que está ubicado en pleno casco vello ribadense para a súa conversión en albergue de peregrinos. Un acto ao que asistiron, o Bispo, Manuel Sánchez Monge; o conselleiro, Fernando Blanco e o rexedor, Fernando Suárez.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



