A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou este mércores unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para pedirlle á Xunta que realice “de xeito inmediato” a dragaxe das dársenas portuarias de Ribadeo, Viveiro, Foz e Burela. O portavoz de Pesca, José Ramón Val, acusou ao PP e ao goberno galego de ter anunciado as dragaxes “sen data” porque “saben que non van facer nada”.
Val advertiu que “enganan aos veciños e veciñas da Mariña” con promesas baleiras feitas para “salvar a cara” en campaña electoral e dixo que “a partir do 24 de maio –o día das eleccións- non van facer absolutamente nada”. Lembrou que o PP leva seis anos rexeitando tódalas emendas socialistas para incluír estas actuacións nos orzamentos.
Acusou ao goberno galego de chegar ao “límite do absurdo” para tratar de esquivar a súa responsabilidade tentando “cargarlle a intervención á concesionaria” dos portos cando o contrato tan só inclúe obras menores e mesmo “enfrontándose coas directivas dos clubes náuticos de Ribadeo e Viveiro”.
O responsable socialista alertou da urxencia destas actuacións por canto en Ribadeo “pasouse de 2,5 metros de calado a tan só 60 centímetros nalgunhas zonas”, ademais de un “gran problema na bocana de acceso ao porto”. No caso de Viveiro, dixo, as últimas mareas vivas deixaron en seco ao porto, provocando que as embarcacións quedaran varadas enriba da orza, cun evidente risco de accidente.
Texto da iniciativa aprobada:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar as xestións en curso e os trámites preceptivos xa en marcha e acometa de xeito inmediato o dragado das dársenas portuarias de Foz, Ribadeo, Viveiro e Burela, co fin de recuperar a súa operatividade e evitar posibles situacións de risco para as persoas e as embarcacións”.
















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



