Foz, 13 de maio de 2015.- O Concello de Foz está asfaltando o viario de acceso á Frouxeira, que é un punto turístico importante no municipio. Para esta obra conta con axuda económica da Xunta de Galicia.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, explicou este mércores “a todos os veciños de Santa Cilla, do resto do municipio de Foz e tamén aos turistas que se está a asfaltar o acceso á Frouxeira, un lugar moi visitado, un punto turístico importante no noso concello. Os fondos cos que se está mellorando esta estrada son do plan de infraestruturas e arranxo de camiños da Xunta de Galicia e tamén fondos propios. Xa fora contratada a finais do ano pasado e agora, chegando a época estival, dende logo tiña que estar rematada esta obra”.
O rexedor municipal engadiu que “estamos contentos porque é un punto importante, a onde se achegan moitos turistas, pois é o lugar de remate da ruta da Frouxeira, que é unha das máis importantes do noso concello. Había moitas queixas dos veciños porque se atopaba nun mal estado, pois fixéronse varias cortas de madeira nesta zona. Con esta reparación esperamos que este acceso tan importante á Frouxeira quede en bo estado durante uns anos. Era unha obra moi necesaria e agradecemos á Xunta de Galicia que a incluíra no seu plan de arranxo de obras en camiños do concello de Foz”.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



