Só tres enquisas públicas realizaron o seu traballo de campo despois das eleccións municipais. Os novos sinais que aparecen nos datos debuxan poucos cambios no panorama das xerais, demostrando que o resultados das municipais estivo determinado polo ciclo estatal.
As enquisas paras as eleccións xerais estarían captando correctamente e desde hai tempo a caída do Partido Popular, que só retrocede dúas décimas e conserva a primeira posición.
O dato máis destacado é o crecemento do PSOE e, en menor medida, de Podemos, máis intenso no primeiro caso, o que lle permite situarse máis preto dun PP que de Podemos.
Ciudadanos mantense no mesmo nivel que hai un mes, o que vén a demostrar que a nosa estimación depuraba correctamente a sobrevaloración que as enquisas de El País e Cadena Ser, fundamentalmente, facían do partido de Albert Rivera. Notable é o realiñamento da cociña demoscópica de Metroscopia, o terceiro de calado desde setembro de 2013, e que, polo de agora, a libera dos nesgos enormes nos que viña incorrendo.
Traducido a escanos, o reparto de poder entre os grandes partidos, amosa un resultado novidoso: A suma de PSOE e Podemos raian os 170 escanos e é posible mesmo que, dentro das marxes de erro admisibles, obteñan conxuntamente unha maioría progresista no Congresos sen o concurso de terceiras forzas.
Esqueda Unida segue caendo e abandona o solo do 4%, o cal reduce a súa representación xa reducida á metade. Pola súa banda UPyD desaparece do mapa, e con menos do 1% sairía do Congreso, no que é a certificación da súa morte política.
No sector nacionalista do Congreso tampouco existen grandes mudanzas. Con excepción de CiU, que rexistra mínimos históricos igual que o PP, o resto de forzas nacionalistas medran en porcentaxe de voto, crecemento que nalgúns casos se traduce en máis escanos ou na consolidación dos que tiñan dubidosos. En calquera caso as estimacións para estes partidos adoecen de mostras rexionais específicas e deben ser preferiblemente considerados e avaliados conxuntamente.
No caso do BNG as estimacións de voto son elevadas en perspectiv evolutiva, pero unha ollada atenta aos datos de intención directa revelan que o Bloque está en mínimos históricos, o que nos fai dubidar de forma xeral da cociña das enquisas de ámbito estatal.
Salientamos unicamente o nivel destacado de Compromís, reforzado polo resultado acadado nas autonómicas e municipais do País Valenciano, e a irrupción de Geroa Bai no Congreso cun escano garantido.
Estimación de voto no mes de xuño:
Carlos Neira Cortizas
calidonia@calidonia.eu