O deputado do BNG na Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, saíu ao paso das declaracións realizadas polo “tránsfuga e imputado” alcalde de Becerreá e polo ex–alcade imputado de Lugo. Ferreiro afirmou que “o PSOE ten unha importante responsabilidade no acontecido na Deputación de Lugo” e engadiu que “o BNG non vetou ninguén en ningún momento; simplemente mantivemos unha postura coherente coa nosa actuación política, co que defendemos durante a campaña e co que lles esiximos aos nosos representantes institucionais”.
Ferreiro fixo alusión directa ás manifestacións feitas este xoves por Manuel Martínez e dixo que “ao mellor pensa que pode facer bo aquilo de que unha mentira repetida mil veces se converte nunha verdade, mais a xente sabe perfectamente que foi o que sucedeu, como sucedeu e quen é o único responsábel”. Ademais, o deputado nacionalista sinalou que “os insultos proferidos por Martínez contra os deputados do BNG e o que fixo co seu propio partido deixan ben claro o que sería unha Deputación presidida por esta persoa”.
O deputado do BNG explicou que o BNG mantivo unha postura coherente e firme co que dixo durante toda a campaña, e apuntou que “foi Besteiro e o PSOE os que elixiron unha persoa imputada para presidir a Deputación, un erro que tentaron corrixir tarde”. Ferreiro cualificou de “trapallada maiúscula” o acontecido en San Marcos o pasado mércores e responsabilizou o secretario xeral do PSOE de provocar esta situación e entregarlle o goberno da Deputación de Lugo ao Partido Popular.
Unha imputación por corrupción
Para o BNG “unha imputación por malversación de fondos é unha imputación por corrupción por moito que Martínez insista en tratar de rebaixar a súa gravidade”. Ferreiro afirmou que “a de Martínez, non é unha imputación de carácter administrativo xa que se trata dunha imputación por malversación de fondos e iso semella que está vinculado a un caso de presunta corrupción”.
As consecuencias
Xosé Ferreiro dixo que “hoxe mesmo puidemos ver cales van ser as políticas do PP na Deputación” e acusou a presidenta de “actuar como destrutora cultural” despois de que se coñecese a suspensión das actividades previstas dentro dunha programación de tanto éxito e afianzada como é Cultura Aberta. “Que a primeira medida que toma a presidenta sexa suspender actividades culturais deixa moi claro o que vai padecer esta provincia grazas a Martínez e á prepotencia do PSOE”, sentenciou Ferreiro.

















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



