Xove, 27 de xuño de 2015.- O domingo dia 5 de xullo, o Grupo de Sendeirismo da ACD.XOVE desprazarase o Concello de Carnota (A Coruña) para facer a Ruta “Monte Pindo”.
Ún dos rincóns máis bonitos da Galicia costeira é o Monte Pindo e a Fervenza de Ézaro. O río Xallas, en Ézaro, precipítase ó mar formando unha fervenza de 40 m.de altura (única en Europa). O Monte Pindo é o Olimpo dos Celtas. Unha mole granítica de 640m. que parece +xurdir das profundidades do mar. Trátase dun monte máxico e encantador, obxecto de innumerables lendas. A panorámica dende o cumio do Pindo é espectacular, divisando gran parte da Costa da Morte.
PROGRAMACIÓN DOMINGO DIA 5 DE XULLO
Ruta: “Monte Pindo”
Distancia: 12 km
Dificultade: Media
Saída en Autobús: dende o Centro Civico de Xove.
Hora: 7:00h,. da mañan.
Prezo:
Socios Federados: 12.-€
Socios con Seguro Deportivo: 14,.€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios con Seguro Deportivo: 17.-€
Comida: Bocatas (por conta propia)
Información e Inscricions: Piscina Municipal de Xove ou no telefono 618 97 61 59. Data tope de inscricion: 3 de Xullo as 10 da mañá.




















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



