Ribadeo, 9 de xullo de 2015.- O Concello de Ribadeo presentou na mañá deste xoves dous itinerarios de rutas xeolóxicas ao longo da praia das Catedrais e da costa de Rinlo, coas que quere mellorar os coñecementos dos visitantes sobre a orixe e as peculiaridades xeomorfolóxicas do seu litoral. O proxecto, listo para os visitantes a partir do día 15 de xullo, consiste en dous roteiros gratuítos a cargo de tres guías formados expresamente para esta tarefa dende o pasado inverno. Os interesados en participar na iniciativa poderán apuntarse tanto a pé de praia e en Rinlo uns minutos antes de comezar a ruta, así como na oficina de turismo da vila e no punto de información turística das Catedrais. Ademais, tamén se poderá facer a inscrición na páxina web do Concello. Os grupos serán dun máximo de 15 persoas. O Concello agarda xuntar 510 persoas á semana na ruta das Catedrais – con 36 grupos – e 150 en Rinlo- con 10 grupos de mércores a domingo.
O alcalde ribadense, Fernando Suárez Barcia, destacou que o coñecemento da zona axudará á súa boa conservación, “sabemos que o concello de Ribadeo ten o casco vello, a praia das Catedrais, pero tamén ten unha costa marabillosa que escapou das gadoupas do ladrillo hai uns anos. Soubémola conservar e queremos que sexa non un valor de por si, que tamén o é, senón tamén unha fonte de riqueza, de turismo, e que atraia xente a Ribadeo, ás Catedrais e a todo o litoral, que é moi singular”.
O proxecto das xeorutas nace logo dunha experiencia formativa de guías levada a cabo o pasado inverno, unha aposta, segundo Ana Martínez, responsable de Turismo, polo desenvolvemento sostible. Das 40 persoas que se interesaron no curso –realizado en colaboración coa Universidade de Santiago- , 20 foron as que o realizaron e tres delas porán en práctica agora o aprendido mediante a súa labor nas xeorutas, para as que contan co apoio da Deputación de Lugo. A edil nacionalista dixo “levamos tempo apostando pola formación e o coñecemento do litoral. Queremos apostar por un modelo de desenvolvemento local sostible e para iso debemos coñecer o medio, debemos saber e coñecer a nosa riqueza natural, patrimonial e paisaxística e facer un desenvolvemento turístico sostible e de calidade, que forme parte dun motor económico importante do noso concello. Apostamos por unha conservación a través de medidas educativas, informativas, máis que restricións puras e duras, coñecendo o medio e valorándoo podemos protexelo e facer del algo con valor”.
“Buscamos que a xente que veña a Ribadeo non só chegue, aparque e vexa a praia das Catedrais, senón que tamén saiba por que están aí os arcos e non noutro sitio, por que a formación rochosa deu lugar a esas figuras tan marabillosas”, recalcou Martínez.
As rutas terán como coordinador a Francisco Canosa, quen detallou algúns detalles dos percorridos: “ámbalas dúas son rutas de pouca duración, de algo menos dunha hora e media, e con pouco máis de 3 quilómetros. Son rutas ben sinxelas e manexables para todas as persoas. Vanse facer ao longo da semana, no caso das Catedrais as visitas serán entre as 11 e as 14 horas de dous grupos pola mañá e doutros dous pola tarde entre as 17 e as 20 horas. E en Rinlo as visitas serán de mércores a domingo, de tarde, entre as 17 e as 20 horas. No caso das Catedrais preténdese concienciar á xente de como se formou esa marabilla xeolóxica con ollos de xeólogo, chamar a atención sobre as cousas que poden pasar desapercibidas cando andamos pola praia e tamén explicar qué procesos deron lugar aos arcos, a súa cronoloxía e que lugares poden no futuro xerar novos arcos. O percorrido vai dende a praia á enseada de Esteiro”. O roteiro levará o nome de Xeoruta dos Arcos.
“No caso de Rinlo preténdese ver como as actividades económicas que había na zona, como as cetarias, aproveitaron as singularidades da costa para establecer estas industrias. Imos ver a conexión da xeoloxía co aproveitamento dese recurso para o cultivo do marisco”, engadiu Canosa. O nome escollido para o percorrido pola costa de Rinlo é Xeoruta dos Ollos.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



