Foz, 9 de xullo de 2015.- O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, está contrariado porque no pleno da corporación municipal celebrado este mércores a oposición non permitiu a aprobación dunha dedicación para a concelleira de Cultura, nin total nin sequera parcial. Non obstante, o rexedor destaca o bo talante que houbo por parte de todos os grupos políticos tanto na sesión plenaria como na reunión da xunta de portavoces.
Javier Castiñeira fixo este xoves unha valoración do pleno “regular, porque gran parte das propostas que presentaba o goberno local do Partido Popular, que viñan xa traballadas dunha xunta de portavoces previa celebrada a semana pasada, foron aceptadas. Pero na máis importante, que era a das dedicacións exclusivas que propoñía o goberno do PP, aprobouse unicamente a do alcalde e non a da concelleira de Cultura, para a que se propoñía unha dedicación por un importe anual de 27.000 euros brutos. Intentouse tamén que esa dedicación fose parcial en vez de total, pero tampouco aceptaron a media dedicación, de 15.000 euros brutos. Por este motivo estou un pouco contrariado, porque vese que noutros concellos con menor entidade que Foz, con menos poboación e actividade, gobernados polo Partido Socialista e polo BNG, non teñen esta mesma opinión e hai máis dedicacións exclusivas que en Foz e máis concelleiros traballando. Chámannos bastante a atención estas incoherencias, sobre todo porque o Partido Popular ofreceulles aos outros grupos entrar no goberno e esa dedicación se levaban a Concellería de Cultura, pero non quixeron”.
O alcalde engadiu que “a pesar do bo clima dos portavoces, que eu creo que teñen unha intención boa, mellor que a que tiñan os do anterior mandato, considero que lles falta peso político nas asembleas e comités dos seus propios partidos e non son capaces de convencer aos seus compañeiros de partido de que os intereses de Foz deben primar moito por enriba dos intereses de partido. E neste caso eu creo que o que lles interesa aos partidos é que o goberno de Foz teña pouca forza, poucas dedicacións e os máximos problemas. Pero, dende logo, vamos seguir para adiante, dedicándonos o máximo posible ao Concello; preferíamos que fora noutras condicións, incluso con socios de goberno que atenderan as súas concellerías, o que non pode ser, pero vamos poñer a máxima ilusión, traballo e esforzo para sacar adiante este goberno. E espero que noutros asuntos de importancia para os grupos políticos da oposición primen os intereses xerais e non os dos seus compañeiros nas asembleas ou os intereses partidistas”.






















Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xives dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



