Lugo, 10 de xullo de 2015.- O Deputado provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, denunciou este venres que “Elena Candia volve a exercer unha vez máis de Delegada de Feijóo, -nunha clara manobra de competir con Raquel Arias-, anunciando que vai a suplir á Xunta en Lugo ao asumir con fondos provinciais o 100% do Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, cando esta prestación a debe financiar a Xunta de Galicia, tal e como establece a Reforma da Administración Local, aprobada polo Goberno de Rajoy”.
Anteriormente, o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria estaba financiado nun 65% polo Goberno Central e nun 35% polas Deputacións. Foi así ata 2013, cando Rajoy suprimiu a achega estatal para esta prestación, ao tempo que aprobou a Reforma da Administración Local, transferindo as competencias de servizos sociais ás Comunidades Autónomas.
En Galicia, Feijóo negouse a asumilas, transferíndoas ás entidades locais sen o financiamento correspondente para poder desenvolvelas. Foi así a lo menos en Lugo, onde Feijóo rexeitou un convenio de colaboración coa Deputación, -a pesares da decena de reclamacións de Gómez Besteiro para facelo-, que si asinou cos restantes organismos provinciais. De feito, o Goberno galego achegou máis de 25 millóns de euros para os servizos sociais de coruñeses, ourensáns e pontevedreses, mentres, “claramente, discriminou aos lucenses”.
Ante esta situación, o Goberno de Gómez Besteiro na Deputación de Lugo incrementou os seus fondos para o Servizo de Teleasistencia Domiciliaria, pasando de financiar o 35% ao 50%. É máis, os continuos recortes dos Gobernos do PP supuxeron que o Executivo de Besteiro aumentase nun 90% os fondos para servizos sociais na provincia de Lugo.
Santos Ramos subliñou que “Candia debería esixir á Xunta a sinatura deste convenio, exercendo de Presidenta da Deputación de Lugo e defendendo os intereses dos lucenses, e non facer de Delegada da Xunta en Lugo, escudando a Feijóo e os recortes dos Gobernos do Partido Popular, asumindo competencias impropias e investindo máis fondos provinciais, -por certo, grazas á boa situación económica e a débeda cero que deixamos na Deputación de Lugo-, nun servizo que é fundamental, pero que ten a obriga de cofinanciar a Xunta de Galicia en Lugo ao igual que fai nas restantes provincias de Galicia. É de xustiza facelo”.
De feito, lembrou, que o TSXG, nunha sentenza sobre o Decretazo de Servizos Sociais da Xunta, dictou que o Executivo autonómico ten a obriga de transferir financiamento ás entidades locais no caso de pasarlles competencias. En Lugo, non o fixo.



















Unha actividade organizada pola Asociación Cultural pensada para promocionar os produtos de proximidade e da artesáns, nun ambiente lúdico e festivo. Produtos de horta, conservas, mel, requeixo, plantas ornamentais ou bisuteria son algúns dos produtos que se podían encontrar no mercado, que contou tamén con outras actividades como bautismos hípicos. A Vicepresidencia da Deputación colaborou un ano máis na programación do mercado cun obradoiro de coiro e animación musical.
A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



