Data de fondas e dramáticas resoancias na historia da nosa terra; porque tal día de 1936 producíase o que foi acaso o feito mais traumático de tódolos tempos para os españois : o estourido da guerra incivil que traería á sociedade a destrucción e a morte, e unha longa posguerra de represión, crimes e fame.
Pero tamén os anais do pobo focego rexistran un 18 de xullo, o de 1945, o acontecemento mais tráxico para a nosa sociedade: en tal xornada o mar da traxedia abríu as fauces para engulir, inmisericorde, ós tripulantes do pesqueiro “Jesús Nazareno”. A historia é coñecida: o siguente día de celebrado o Carmen, era martes e, seguindo vella tradición, non saen ó mar as embarcacións; faríano ao seguinte, día 18, e, cando se atopan á altura de Burela desátase un forte temporal; regresan veloces a porto e unha delas, a Jesús Nazareno, naufraga, atopando alí móbil sepultura os doce tripulantes. Só se encontraría un cadáver. Suspendéronse as festas a celebrar en agosto, e unha placa lembra a traxedia dando nome, dende o ano 1959, a unha rúa do barrio mariñeiro.
O balance é dramático: os doce afogados deixan oito viúvas e 27 orfos; o sinistro conmove os pobos da cornixa cantábrica e xurden iniciativas en diversos estamentos co fin de achegar auxilios materiais.
Na memoria de rapaciño gardamos as imaxes indelebles de dór e loito vividas polas xentes mariñeiras, o desespero de familiares e amigos e a tristura que invadíu a toda a sociedade focega.
Don Xosé Trapero Pardo, testemuña do triste acontecemento, escribe o 24-7-45 en “El Progreso”:
“El bello pueblecito pesquero, al que defienden de los embates del mar los islotes y acantilados del Prado de Ramos y la avanzadilla de la Pena do Escairo, vivió una vez más horas de tragedia, porque el Cantábrico, que en vano intenta cerrar el paso a los marineros de Foz con el peligro perenne, pero siempre nuevo, de la “barra”, se cobró su tributo, millas adentro, en horas de angustiosa galerna.
El “Jesús Nazareno” – robusta proa y y fina línea marinera – salió un día al mar. Nosotros le recordamos cuando cruzaba con jadeo poderoso de su motor la Rapadoira. Y le recordamos cuando tornaba, al socaire de la marea, a depositar orgulloso en la “Ribeira” la pesca lograda en duro bregar con el viento y las olas. Pero un día el “Jesús Nazareno” no tornó. Y el mar, guardador celoso de tantos secretos trágicos, guarda hoy el de la desaparición de la embarcación. Y el Cantábrico se cobró el tributo de doce vidas.¡ Doce vidas unidas a otras vidas por lazos de sangre y de afecto, doce vidas que van a sumarse al número de las víctimas del mar!
En el Campo de Foz – cuadrilátero que agrupa las viviendas de los pescadores y que ostenta casi siempre el lápiz pardo de los “aparellos” tendidos al sol — se esperó en vano el retorno de la embarcación y sus hombres. Llegaban, con las señales de la lucha con el mar, las otras embarcaciones, y los marineros que habían sido compañeros de penas y alegrías. Pero el “Jesús Nazareno” no podía ver ya los guiños de los faros de Tapia, Bares, San Ciprián, Ribadeo… Ni había de volver a teñirse lívidamente con la luz verdosa de la familiar baliza de Foz.. Y hubo en el pueblecito pesquero llanto en los ojos y duelo en las almas …
El mar siguió batiendo indiferente contra las puntas de San Bartolo y El Escairo, como si quisiera, con su ruído poderoso, acallar los gritos angustiados de tanta madre sin hijo, tanta esposa sin esposo … Tanta hija sin padre que en tierra firme lloraban su desgracia irreparable … “.
En tempos tan miserentos, os focenses fan un esforzo por socorrer nalgunha medida ás familias das víctimas: ábrese unha suscripción a favor das mesmas que encabeza a Confraría de Pescadores con 12.000 pesetas; o concello con 8.000,– e a Sociedade de Socorros Mútuos con 6.OOO, — pesetas, e na que os veciños, a grande maioría de maltreitas economías, van depositando as migallas solidarias.
Os mariñeiros desaparecidos foron: José Ramón Fraga Pérez Lacón, Inocente Fraga Pérez, Ramón Fraga Couto, José María Couto Navarro Quere, Ramón Lorenzo Fernández Doval Legionario, Eugenio Bustamante Eizaguirre Laredano, José Manuel López Posada Pechereno, José Antonio Rodríguez Ríos Pisón, Gerardo Pérez Gradaille Viveiro, José Ramón López Fraga Minés, e José Oroza Pedreira Lagarexo de Fazouro.
O 18 de Xullo de 1945 – hai xusto 70 anos- fica no libro da nosa historia escrito con caracteres de traxedia.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



