Foz, 14 de xullo de 2015.- Os irmáns Blanco, Ricardo e Jacobo, ambos os dous lucenses e residentes na localidade de Foz, disputarán en San Marino, Italia, o Campionato de Europa de “Trial Fighters”, durante os días 24-25-26 de Xullo.
A proba estará formada por un total de 107 equipos de toda Europa.
A pesar de que a proba ten un alto nivel competitivo, estes dous mozos apostan por quedar ben clasificados, e mesmo optar a algún podio, xa que no que vai de ano 2015 lideran o Campionato de ámbito estatal e Jacobo Blanco, o menor dos irmáns, é campión do previo ao campionato de Europa, cuxa proba se fai en todos os países de Europa, seleccionando os mellores pilotos de cada país.
Jacobo Blanco ten xa un palmarés importante entre o que cabe destacar:
-Subcampión Galego de Todo Terreo en 2005
-Subcampión Galego de Todo Terreo en 2006
-Subcampión Galego de trial 4 x 4 en 2010
-Subcampión Galego de trial 4 x 4 en 2011
-Campión Galego de trial 4 x 4 en 2012
-Campión do previo ao Ctº de Europa en España 2013
-Campión Galego de trial 4 x 4 en 2014
-Subcampión do previo ao Ctº de Europa en España 2014
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
