Burela, 24 de xullo de 2015.- A maxia goleadora de Jorge Valhermoso Matamoros seguirá no CD Burela FS Pescados Rubén ata 2018. O 10 laranxa, con contrato en vigor para a próxima tempada, formalizou a renovación por outras dúas máis xunto ao presidente, Manuel Blanco, e o vicepresidente, José Luis Sáez, que destacaron “a profesionalidade, compromiso e responsabilidade” do madrileño. “Condición física e autoesixencia fan de Mata un xogador fundamental para a filosofía laranxa”, apuntaba o máximo dirixente da entidade mariñá.
“Para min é un pracer seguir disfrutando do fútbol sala en Burela tres anos máis” recoñecía Matamoros, asentado dende 2012 na Mariña, preparado para que o comezo de 2015-16 sexa algo diferente e moi animado no proceso de recuperación do desgarro do ligamento cruzado anterior do xeonllo esquerdo, do que foi intervido a mediados de abril. “Cumprín tres meses. Sobre o papel estou na metade da recuperación pero hai que ver como vou evolucionando. Estou traballando todos os días para fortalecer a zona e ir acurtando prazos para o meu regreso. Oxalá poida entrar o antes posible, pero hai que ir con paciencia e cando me atope ao cento por cento así será”.
“A pesar da lesión, 2014-15 foi a mellor tempada en Burela. Sempre se pode mellorar e cada ano intento facelo para cumprir cos obxectivos do equipo, tanto persoal como colectivamente” valoraba o madrileño, marcando metas máis altas para o vindeiro exercicio: “Intentaremos mellorar o obxectivo da tempada pasada, con humildade e traballo. Somos un bloque que nos coñecemos ben, con tres reforzos que nos axudarán e con Daniel, co que coincidín na miña anterior etapa en Inter, e que nos axudará en moitas facetas sobre a pista como grandísimo xogador que foi”.
























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
