Lugo, 24 de xullo de 2015.- A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, fixo pública a proposta aprobada na mañá deste venres pola que a administración provincial mellora a transparencia e facilita a participación cidadá nos asuntos públicos desta institución.
A Deputación de Lugo adhírese ao acordo marco de colaboración entre o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas e a FEMP para facilitar o desenvolvemento da Lei de Transparencia, Acceso á Información Pública e Bo Goberno.
Pola tanto, este medida tomada polo novo goberno provincial permite que a administración provincial se integre no Portal de Transparencia, unha ferramenta que propiciará máis facilidades á hora de acceder á labor dos representantes públicos e permitirá a inclusión de contidos, as tramitacións necesarias e cumprir coas obrigas de publicidade e coas relativas aos dereitos de acceso á información.
A presidenta da Deputación explica que “tomamos unha decisión que vai tamén na liña do que demandabamos dende a oposición, unha maior transparencia. Esta adhesión facilitará ó acceso á labor dos representantes públicos e dos xestores”. Deste xeito, a Deputación recibirá de maneira gratuíta a infraestrutura física, lóxica e de comunicación do seu Portal de Transparencia.
Máis transparencia interna
Nesta liña de garantir unha maior transparencia e de buscar consensos, a presidenta da Deputación de Lugo mantivo tamén este xoves unha reunión cos voceiros do PSOE e do BNG para informalos e entregarlles en man as propostas que o equipo de goberno levará ao pleno do próximo martes. “Ata agora a aposición tiña as iniciativas plenarias a última hora do xoves ou incluso o venres e a partir de agora facilitaremos antes esta información e manteremos unha reunión para dar conta destes asuntos. É unha mostra de transparencia interna”, asegura a presidenta.
Adxudicación contratación para a explotación da área recreativa de Portomarín
A Xunta de Goberno tamén aprobou a adxudicación do contrato para a explotación da área recreativa de Portomarín, propiedade da Deputación de Lugo e por un período de catro anos.
A proposta adxudicataria leva implícita unha campaña de promoción turística “que nos parece moi interesante para dar a coñecer as actividades que se desenvolverán nesta área, como son un campionato e xornadas de pesca, promoción dunha asociación vinculada ao río Miño…, e que poñen en valor un entorno destacable deste o punto de vista medioambiental pero que queremos que tamén o sexa no eido turístico”.
Convenios
A Deputación de Lugo tamén aprobou este venres as addendas a varios convenios, aprobados cos concellos e dirixidas á ampliación dos prazos para a execución e a xustificación de distintas obras.
Elena Candia asegura que “ningún municipio perderá as súas axudas por incumprir os prazos establecidos. A nosa liña de traballo e coa que cumpriremos escrupulosamente é a de colaborar e facilitar os trámites aos municipios”.
A Xunta de Goberno tamén aprobou a modificación do texto do convenio de cooperación a subscribir entre a Deputación e o Concello de Baralla para a execución do proxecto de reforma da casa consistorial do municipio, e para esta finalidade a Deputación de Lugo achegará un importe de 40.000 euros.
Poxa Audi A8
Por último, este órgano tamén aprobou este venres o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no procedemento de alleamento do vehículo audi A8, “que empregaba o anterior presidente provincial e que este goberno decidiu non utilizar. Queremos deixar claro que isto non leva implícito a compra doutro coche, xa que son suficientes os existentes no Parque Móbil”.
A presidenta da institución explicou que o procedemento de alleamento e adxudicación consistirá en primeira orde a través da celebración dunha poxa a man alzada e, en segunda orde, admitiranse ofertas en sobre pechado. A convocatoria da referida poxa publicarase no Boletín Oficial da Provincial.
O vehículo adxudicarase a favor de quen presente a oferta máis vantaxosa sobre o prezo mínimo de valoración establecido en 25.500 euros. A oferta económica poderá consistir no caso da poxa en man alzada, unicamente en diñeiro metálico; e para a poxa en sobre pechado, tanto en diñeiro metálico, como en permuta doutro vehículo, coa característica de ser Km0 ou novo e como mínimo ter catro prazas, aportando, ademais da descrición, a valoración técnica e económica ou a combinación de ambas.



















A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O acto é aberto a quen queira participar neste recoñecemento. O grupo, con 80 anos de historia e formado por persoas de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, escolle este ano a Ribadeo para distinguir unha figura local, retomando a liña iniciada hai tres décadas con Luz Pozo Garza. As inscricións están abertas ata o luns 17 de agosto no número 680 13 24 24. Agárdase unha ampla participación.
Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.



