Foz, 3 de agosto de 2015.- Este pasado sábado celebrouse no encoro de Rio Cobo, en San Cibrao, a cuarta regata da V Liga Provincial de Lugo-2015 de piragüismo na que unha vez máis, a canteira do Club Kaiak de Foz, demostrou o seu poderío regresando con 10 preseas, seis oros, dous platas e dous bronces.
Dende primeira hora da mañá do sábado, os 122 padexeiros dos seis clubs inscritos na V Liga Provincial de Lugo-2015 saíron á auga para gozar dunha excelente xornada de regatas sobre un percorrido que se vía modificado a última hora a causa da escaseza de auga no encoro. Unha escaseza que non foi impedimento nin para que os espectadores, que puideron gozar dunha mañá de regatas, nin para os padexeiros xa que non sufriron ningún tipo de incidencia.
Como vén sendo habitual, os máis peques, benxamíns e crías, foron os primeiros en saír á auga para dar unha volta a un circuíto de 1500 metros. A continuación era a quenda dos infantís que tiñan que dar dúas voltas ao circuíto e o resto, é dicir, cadetes, xuvenís, séniors e veteranos eran 5000 metros a distancia que tiñan que cubrir ao longo de tres voltas. O Club Kaiak de Foz participou cun total de 24 padexeiros repartidos en practicamente todas as categorías.
E foron os máis peques do Club Kaiak os que ensinaron os dentes cos bos postos nas clasificacións de cada categoría, alcanzando dez deles praza de podio: Nerea Debasa e Iago García ouro e Marta Fernández prata na categoría benxamín; María Fernández ouro e Laura Fernández prata en cría e Xoel García, Fran Rubio e Paola García ouro e Naila García e Pablo López bronce en infantil. 10 padexeiros que representan a punta do iceberg da gran canteira do Club Kaiak de Foz.
Ao final da xornada, o Kaiak de Foz conseguiu o terceiro posto do podio con 1676 puntos, dous puntos menos que o segundo clasificado, o Cidade de Lugo que obtivo 1678. O primeiro posto foi para o Fluvial de Lugo con 2331 puntos.
A próxima cita da V Liga Provincial será o día nove de agosto en Viveiro.
Cuarta regata da V Liga Provincial de Lugo-2015
Resultados e clasificacións
Home Benxamín K1
1500 metros
1.- IAGO GARCÍA MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, 08:58,8
2.- Cristian Lage Salgueiro, CD San Ciprián, +00:148,17
3.- Víctor Devesa Fernández, CP Ciudad de Lugo, +00:39,27
…
6.- CRISTIAN VEIGA BARBOSA, CLUB KAYAK DE FOZ, +01:51,8
7.- DYLAN FIDALGO DUARTE, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:20,65
Muller Benxamín K1
1500 metros
1.- NEREA DEBASA CALVO, CLUB KAYAK DE FOZ, 09:33,64
2.- MARTA FERNÁNDEZ MUÑOZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +00:22,74
3.- Aida Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +02:16,36
4.- UXUE MORADO MOLINA, CLUB KAYAK DE FOZ, +03:18,51
Muller Alevín B K1
1500 metros
1.- MARÍA A. FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, 08:50,46
2.- Aitana Balbas García, Club Fluvial de Lugo, +00:35,99
3.- Mercedes Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +01:19,71
Home Alevín B K1
1500 metros
1.- Iago Carreira García, Club Fluvial de Lugo, 08:31,37
2.- Lucas López Sánchez, CP Ciudad de Lugo, +00:11,11
3.- Roi Blanco Pociña, Club Fluvial de Lugo, +00:45,96
…
6.- IVAN MÉNDEZ GARCÍA, CLUB KAYAK DE FOZ, +01:31,85
Muller Alevín A K1
1500 metros
1.- Enma Devesa Fernández, CP Ciudad de Lugo, 08:08,70
2.- LAURA FERNÁNDEZ MUÑOZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +00:34,76
3.- Antía Dovale Rodríguez, CP Viveiro, +00:50,34
Home Alevín A K1
1500 metros
1.- Ignacio González Matilla, CP Ciudad de Lugo, 07:59,16
2.- Noe Fernández Quelle, +00:15,85
3.- Pablo Fonseca Jover, Club Fluvial de Lugo, +00:19,67
…
5.- MATEO RIVAS RODRÍGUEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +01:06,07
Muller Infantil B K1
3000 metros
1.- PAOLA GARCÍA NEIRA, CLUB KAYAK DE FOZ, 16:48,59
2.- Bárbara Gargallo Méndez, CD San Ciprián, +00:41,69
3.- NAILA GARCÍA NEIRA, CLUB KAYAK DE FOZ, +00:59,63
…
5.- LIDIA MENDEZ TRIGO, CLUB KAYAK DE FOZ, +03:09,00
Home Infantil B K1
3000 metros
1.- FRANCISCO RUBIO PACIOS, CLUB KAYAK DE FOZ, 14:54,79
2.- Samuel Quiroga Rodríguez, CP Ciudad de Lugo, +00:53,18
3.- PABLO LÓPEZ FERNÁNDEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:14,46
…
5.- BRAIS MARTÍN FRAGA, CLUB KAYAK DE FOZ, +03:51,01
Home Infantil A K1
3000 metros
1.- XOEL GARCÍA NERIA, CLUB KAYAK DE FOZ, 13:41,76
2.- Miguel Estévez Seijas, Club Fluvial de Lugo, +00:48,22
3.- Javier Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, +00:53,34
Home Cadete K1
5000 metros
1.- Julio González Matilla, CP Ciudad de Lugo, 20:22,68
2.- Ramón Fernández González, Club Fluvial de Lugo, +00:52,69
3.- Pablo Morado Fernández, CP Ciudad de Lugo, +00:53,16
…
8.- NOEL GARCÍA EDROSA, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:38,20
9.- JUAN RIVAS RODRÍGUEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +02:42,14
13.- FRANCISCO ANDREY FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +09:22,37
Home Xuvenil K1
5000 metros
1.- Alberto Rodríguez Villamor, Club Fluvial de Lugo, 20:48,37
2.- Daniel García Pulpeiro, CP Altruán de Ribadeo, +01:20,44
3.- Carlos Mayor Bal, CP Ciudad de Lugo, +02:34,74
…
7.- XOAN GARCÍA MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +04:07,31
9.- JAVIER VILA MOREDA, CLUB KAYAK DE FOZ, +05:38,07
10.- JESUS ALARCÓN MARTÍNEZ, CLUB KAYAK DE FOZ, +05:38,62
Home Senior K1
5000 metros
1.- Javier Illanes Rodríguez, CP Viveiro, 149:25,77
2.- Marcos Illanes Rodríguez, CP Viveiro, +00:01,77
3.- Manuel Carreja Martínez, CP Viveiro, +00:04,31
…
7.- RAMÓN LANZÓS PIÑEIROA, CLUB KAYAK DE FOZ, +00:56,42
Clasificación por clubs
1.- CLUB FLUVIAL DE LUGO, 2331 puntos
2.- CLUB PIRAGÜISMO CIUDAD DE LUGO, 1678 puntos
3.- CLUB KAYAK FOZ, 1676 puntos
4.- CLUB DE PIRAGÜISMO VIVEIRO, 823 puntos
5.- CLUB DEPORTIVO SAN CIPRIAN, 561 puntos
6.- CLUB PIRAGÜISMO ALTRUAN DE RIBADEO, 386 puntos






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
