San Cibrao, 5 de agosto de 2015.- Este xoves, vésperas da Maruxaina, no Museo Provincial do Mar de San Cibrao, por colaboración entre Deputación Provincial de Lugo (Cultura), xerencia dos museos de Lugo e Los Aventados, dentro do programa “A Maruxaina e outras sereas” e co fin de dotar a festa de interes turistico para Galicia, conferencia de Vicente Míguez sobre “Cantos e contos de sereas” ás 19 horas.
Vicente Míguez é fillo do porto de Celeiro. Foi mariñeiro, fillo e irmán de xentes que fixeron costeiras en Gran Sol. Profesor, escritor, membro do Seminario de Estudos Terra de Viveiro, e autor de numerosos traballos sobre os nosos costumes mariñanos.






















Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



