Foz, 5 de agosto de 2015.- A XVII Edición do trofeo de fútbol Vila de Foz celebrarase este próximo sábado, día 8 de agosto, ás 19 horas no campo Martínez Otero en nel mediranse o Racing Club Villabés e o Deportivo B. Así o anunciou o alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, durante a presentación do evento celebrada este mércores, na que estivo acompañado polo presidente do CD Foz, José María García Rivera; e por Conchi Blanco, que é a xerente da empresa patrocinadora do evento: a casa rural e restaurante El Rincón de Anita.
O rexedor municipal comentou que o trofeo Vila de Foz “este ano vano disputar dous equipos ben queridos aquí na Mariña lucense e concretamente en Foz. Un deles é o Racing Club Villabés, da Terra Cha, e o outro é o filial do Deportivo da Coruña, o Deportivo B. É un cartel interesante para o próximo sábado e dará comezo ás 19 horas”, recalcou o alcalde. “Agradecemos a colaboración entre o CD Foz e a comisión de festas, a asociación Sempre Foz, e tamén ao patrocinador, neste caso Rincón da Anita, por este compromiso co deporte en Foz”, destacou Javier Castiñeira.
Ademais o alcalde salientou o nivel dos contrincantes e o interesante encontro que poderán ver en Foz os amantes do fútbol: “é unha boa oportunidade para gozar dun bo partido de Terceira División e a verdade é que seguramente teñamos a posibilidade de ver moi bos xogadores con gran futuro e, sobre todo, aos xogadores do Deportivo B, que gran parte deles xa están adestrando co equipo de Primeira División. Agradecemos a presenza dos dous equipos, que o fan de maneira totalmente altruísta. Vailles servir para prepararse de cara ao próximo inicio da Liga e desexámoslles aos dous moita sorte nesta próxima andadura”.





















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).