Barreiros, 11 de agosto de 2015.- A xunta de goberno local aprobou sacar a concurso a construción dunha nova depuradora en Celeiro de Mariñaos, a ampliación do depósito cabeceira e a mellora da conexión cos outros depósitos. O investimento ascende a 1.200.000 euros. O alcalde, Alfonso Fuente, agarda proceder á súa adxudicación antes de finais de ano e que a obra estea lista e operativa o vindeiro verán.
O rexedor explicou que este domingo “celebrábamos unha xunta de goberno local na cal aprobamos sacar xa a concurso esta obra, na que levábamos tempo traballando, facendo proxectos, pois houbo que cambiar algúns, e ao final vai ver a luz. Estamos a falar dunha obra de 1.200.000 euros para facer unha nova depuradora en Celeiro de Mariñaos, ampliar o depósito cabeceira, que está en San Caetano, e mellorar a conexión cos outros depósitos”.
Segundo Fuente Parga “isto vai supoñer unha maior capacidade de xestión da auga. Hoxe mesmo comprobábamos todas as altas que levamos dado dende principios de ano e xa superamos as 300. Estamos atendendo ben o servizo, salvo que tivemos que sacar ese bando para que non se regaran os xardíns este verán, debido á seca. Estamos atendendo ben a demanda, pero somos conscientes de que despois deste verán e de toda a xente que está habendo temos que seguir mellorando a rede de abastecemento. Temos que ser previsores, porque non podemos estar traballando ao 100 por 100 e con calquera problema que teñamos poidamos deixar desatendida á poboación”.
E engadiu: “entón temos que facer este investimento, para o que nuns días se publicará xa no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia e eu creo que antes de final de ano xa estará adxudicado e esperemos que empece a obra para tela en disposición xa para o verán que vén”.





















O alumnado de 2º curso das familias profesionais de Instalacións e Mantemento, Imaxe Persoal e Administración e Xestión remataron o curso e a súa formación en centros de traballo co que xa conseguiron a súa titulación como técnicos de grao medio ou grao superior para incorporarse ao mercado laboral. Desde o IES Perdouro, destácase o alto grao de empregabilidade destas ensinanzas e a importancia que para o ámbito laboral ten a incorporación destes profesionais, ao mesmo que lles trasladamos os parabéns pola súa recente titulación.
O festival terá lugar os próximos 1, 2, 3 e 4 de xullo na parroquia de Celeiro do concello costeiro, que volverá acoller este popular evento cultural centrado na música punk, metal e hardcore.
Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.



