Ribadeo, 11 de agosto de 2015.- Os días 15 e 16 de agosto terá lugar a X Concentración de Kaiaks de Mar Praia das Catedrais, que organiza o clube de piragüismo Altruán coa colaboración do Concello. O evento foi presentado este luns polo concelleiro de Deportes, David Rivas, e polo secretario de Altruán, José Angel Fernández.
Desde o clube de piragüismo sinalan que “se trata dunha convocatoria especialmente tecnificada, para un sector de deportistas con práctica e xa con experiencia na navegación oceánica”. José Angel Fernández subliñou que “a nosa travesía desde as súas últimas edicións está a destacar coma un referente nacional na disciplina e no máis concreto, que é o kaiak de mar. Segundo os foros o ano pasado só nos superaron a concentración catalá, de Pagaya, e este ano estamos detrás da ruta dos fenicios. A cinco días da celebración da proba estamos en máis de 1.000 visitas no foro e temos unha inscrición garantida de 20 kaiakistas e agardamos que se aproximen aos corenta de aquía ao xoves”.
A X Concentración de Kaiaks de Mar partirá o sábado, 15 de agosto, ás 10 da mañá da praia de Anguieira, na ría de Foz, para facer a primeira parada na praia das Catedrais, a segunda en Rinlo e a chegada será á ría de Ribadeo, á zona da Vilavella, onde se celebrará a tradicional comida de confraternidade a partir das tres e media ou catro da tarde. Xa o domingo, 16 de agosto, haberá unha visita non programada ao litoral.
Desde Altruán agradecen “o apoio económico e doutros intanxibles por parte do Concello de Ribadeo; así como a colaboración de Protección Civil, etc…”.
David Rivas dixo que “esta concentración é unha oportunidade, como poucas, para gozar do litoral de Ribadeo e para coñecelo desde o mar, que é como se coñece ben unha costa” e engadiu que “desde o Concello seguimos apoiando, na medida das nosas posibilidades, todo o deporte e tendo moi en conta disciplinas que non son de masas, como é neste caso o piragüismo, porque a organización destes eventos é moi complicada”.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
