Santiago, 30 de setembro de 2015.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou este mércores a iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xunta a reclamar ao Ministerio o compromiso de habilitar máis cota de bocarte para a flota galega do cerco que faena en augas ao sur de Fisterra.
Segundo explicou o voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, mediante esta iniciativa pretenden facerse eco dunha demanda formulada polo propio sector, a través da Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, que os populares queren que se asuma como propia e se traslade ante as mesas de negociación abertas co resto das Comunidades Autónomas e o Goberno central.
Defensa do modelo actual
Máis en concreto, reclámase á Secretaría Xeral de Pesca do Ministerio que cumpra o seu compromiso de asinar, no reparto da cota correspondente a España no TAC de anchoa, unha reserva anual dun 10 por cento da cota prevista na zona CIEM IXa (do sur de Fisterra ao Golfo de Cádiz) para a súa pesca en exclusiva polos buques de cerco con porto base en Galicia. Esta reserva deberá estar dispoñible cada ano ata o 31 de outubro, supeditada á presenza efectiva desta especie peláxica que, polo seu carácter altamente migratorio, non sempre aparece nestas augas.
José Manuel Balseiro lamentou a falta de sensibilidade da oposición, que se negou a dar o seu voto favorable a esta iniciativa, a pesar de ter defendido en múltiples ocasións esta mesma petición de incremento de posibilidades de pesca en augas ao sur de Fisterra. A última, a través dunha moción socialista debatida na sesión plenaria de onte. Balseiro censurou “a postura boicoteadora e inmobilista de PSOE, BNG e AGE, por canto antepuxeron os intereses partidistas e a súa obsesión por non coincidir co PP, antes que apoiar unha iniciativa obxectivamente beneficiosa para a flota do cerco”.
52% máis de cota
O voceiro popular rexeitou tamén as críticas da oposición ante o sistema actual de reparto de posibilidades de pesca que, de cuestionarse, podería acabar prexudicando á flota galega de cerco en áreas como as augas ao sur de Fisterra, onde a cota de xurelo achégase ao 98 por cento.
Ademais, amosouse partidario de avaliar o resultado dun reparto por tripulante, demandado pola oposición, pois “estamos convencidos de que sería negativo fronte ao modelo actual, que pondera criterios como as descargas históricas con outros aspectos socioeconómicos”.
Finalmente, Balseiro dixo que si a oposición fala hoxe de asfixia do sector pesqueiro por falta de cotas, “cal debera ser o termo empregado para definir a situación na que se atopaba o cerco cando en 2009, gobernando o PSOE co BNG de socio preferente, as cotas do xurelo, da xarda ou da anchoa era un 52 por cento inferiores e o prezo do gasóleo moito maior”.
O deputado popular rematou a súa intervención emprazando á oposición a sumarse aos acordos aos que está chegando a Xunta cos propios representantes do sector do cerco para impulsar medidas de regulación comercial que melloren a rendibilidade e prezo desta pesqueiría.









A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



