Burela, a 14 de outubro de 2015.- “Hai malestar entre un sector importante de pais e nais de alumnos da Escola de Música polo retraso á hora de comenzar as clases. E ese enfado está máis ca xustificado”, afirman desde o Grupo Municipal Popular (GMP) de Burela.
Porque, segundo o GMP, “as clases tiñan que ter comenzado a finais de setembro. De feito, a presentación do curso pasado fora o 21 de setembro. Pero estamos a mediados de outubro e as clases aínda non comenzaron. Iso significa que os pais pagan, pero non reciben a totalidade do servizo polo que pagan. A culpa só é achacable á inoperancia do concelleiro de Cultura e Educación, que vive no seu mundo teatreiro e de ensoño infantil”.
“E todo isto sen dar ningún tipo de explicacións”, afirman desde o GMP, que ademais indica que “a selección dos profesores se fixo moi tarde. Non nos vale a desculpa de que se incorpora outro profesor máis: cando gobernou o PP, tamén se incorporaron tres profesores máis, oboe, flauta e clarinete e non pasou tal cousa”.
Para o GMP, “o concelleiro de Cultura e Educación, a quen tanto lle gusta falar e mesmo exaltar o seu traballo, ben podería facer un exercicio de humildade e explicar publicamente o retraso do comenzo das clases da Escola de Música, e dicir se lles vai devolver ós pais a parte proporcional da matrícula que se cobre, pero que non será impartida ou se o alumnado vai recuperar as clases perdidas”.
Os populares cren que “este señor cobra 14.000 €/ano do Concello, e polo tanto, ten a obriga de dar as explicacións pertinentes; xa non só ós pais e nais da Escola de Música e tamén ó seu alumnado; senón ó conxunto dos veciños e veciñas do Concello que pagamos cos nosos impostos unha boa parte do gasto derivado da Escola de Música e, polo tanto, temos todo o dereito do mundo a esixir explicacións”.
“Agora -indican os populares- non vale con cargarlle o morto ó PP. Agora son eles os que teñen responsabilidades de goberno e son eles os que deben explicar a súa xestión”.











A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



