Lugo 04 de novembro de 2015.- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo defendeu no pleno de organización da Deputación de Lugo unha proposta que os populares definiron como “coherente, na que predomina a eficiencia no uso dos recursos públicos” e que, a maiores, “leva implícita a proporcionalidade na asignación de fondos aos grupos políticos”.
“Marcamos un escenario de redución de gasto”, dixo o GPP. Así, os populares deron cifras e explicaron que con respecto ao ano 2011, as emendas presentadas polos populares permitiron unha redución do gasto do Goberno nun 13,2%.
Asemade, o número de asesores e de asignacións nas propostas dos populares é proporcional ao número de deputados de cada forza política, matizan. “Este mesmo argumento estivo presente no ano 2007, no 2011 e en xuño de 2015, e aí están as actas”, engadiron. Porén “estábamos en situacións moi distintas e nas circunstancias dadas non nos podía guiar polo que queríamos, xa que era necesario chegar a un acordo, priorizar o consenso. Agora, por primeira vez, fomos capaces de poñer enriba da mesa a nosa proposta”.
Un Goberno inestable
O GPP matizou que “era indubidable que estabamos ante unha proposta que non levaba unha maioría suficiente, o resto é un problema que ten o Partido Socialista”. “Está claro que estamos ante un Goberno inestable, é ante un presidente que está en precario e ese pacto tan sólido que nos desprazou do goberno hai un meses era unha falacia”, dixeron os populares, quen engadiron que, “polo nosa parte seguiremos traballando na defensa dos intereses dos lucenses”.
Emenda do GPP relativa ao réxime de retribución e indemnización ós membros da corporación
O Grupo Provincial do Partido Popular propuxo que ao Grupo do BNG lle corresponde a achega dunha dedicación parcial, no lugar dunha dedicación exclusiva tal e como se recollía na proposta do equipo de Goberno. Os populares presentaron esta emenda, que saíu adiante, rexéndose polo criterio da proporcionalidade entre a asignación de dedicacións e o número de deputados.
Emenda do GPP relativa á proposta de asignación económica aos Grupos Políticos da Corporación
En segundo lugar, o Grupo Provincial do Partido Popular emenda a asignación ao Grupo Político do PP e propón que se manteña a aprobada en xullo de 2015. Así, redúcese o compoñente económico que recibe o Grupo Provincial do Partido Popular en 18.000 euros anuais.
Emenda do GPP relativa á proposta sobre determinación do cadro de persoal eventual
O populares defenderon que o número de asesores e de asignacións debe ser proporcional ao número de deputados de cada forza política. Así, tras a supresión, a proposta dos populares, dun asesor nivel I na área de goberno do PSOE (cun salario superior aos 50.567,30 euros anuais); o Partido Socialista na súa área de Goberno establécese un importe de 229.825,72 euros para asesores, que “se aplicamos a regra da proporcionalidade e o dividimos entre os 11 deputados do PSOE, corresponderíase a un importe de 20.893,24 euros por deputado”. “Este cálculo faise extensible para o resto das forzas políticas.
O BNG conta cun importe de 39.620,84 euros para persoal eventual (entre grupo e Área de vicepresidencia), o que supón 19.810,42 euros por deputado”, din os populares.
Mentres,que o Grupo Provincial do Partido Popular, ten unha asignación para asesores de 91.417,44 euros, que se a dividimos entre os doce deputados populares, correspóndese cun importe de 7.618,12 euros.



















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



