Bruxelas, 5 de novembro de 2015.- Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe) e o Grupo Confederal da Esquerda Unitaria Europea/Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL) -do que AGEe forma parte no Parlamento Europeo-, desenvolverán este venres 6 e sábado 7 a xornada “As pescas e a acuicultura na Galiza no contexto da Política Pesqueira Común (PPC): retos e propostas de futuro”, que terá lugar no Auditorio Municipal de Cangas e será introducida polo alcalde desta vila fortemente vinculada ao mar, Xosé Manuel Pazos Varela.
Da man da eurodeputada de AGEe, Lídia Senra, e a través dun esquema de traballo en torno a oito mesas temáticas, abordaranse aspectos clave do sector pesqueiro galego, “procurando ao mesmo tempo propiciar un espazo de encontro e intercambio entre os distintos colectivos profesionais”, apunta Senra.
Así, o deputado de AGE Juan Fajardo, encetará a xornada do venres 6 dando conta dos riscos do modelo de acuicultura que proxecta a Xunta de Galicia, entre o que podemos atopar a controvertida mudanza da actividade marisqueira en “acuicultura” a nivel lexislativo. Nesa mesma xeira, o técnico superior en produción pesqueira e acuícola, Xurxo Pérez Rodal, e o responsábel de pesca sostíbel de Anova Terra, Miguel Ángel Arís Abilleira, abordarán criticamente as estratexias de investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+I) no eido acuícola.
Como non podía ser doutro xeito, a problemática das cotas pesqueiras e a loita dos mariñeiros do cerco, será tamén tratada pormenorizadamente na tarde do venres a través do representante da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (ACERGA), Andrés García Boutureira.
Será tamén neste primeiro día de xornada en Cangas cando se debata en torno á situación do sector mexilloeiro, cun relatorio a cargo de Alfonso Alcaide Núñez, do Consello Regulador do Mexillón de Galicia.
A xornada do sábado 7 articularase ao redor de catro eixos principais: marisqueo, as mulleres na pesca, a pesca artesanal e os acordos pesqueiros da UE con terceiros países.
“O marisqueo na Galiza. Situación, retos e propostas”, é o epígrafe que dará cabida ás intervencións de Marina Buceta Alonso, mariscadora e vicepatroa da Confraría de Pontevedra, quen porá sobre a mesa as claves do marisqueo a pé, e o mariscador Rafael González Ferreiro, quen dará conta da situación do marisqueo a flote na Ría de Ferrol; José Luís Lorenzo García e o patrón maior da Confraría da Pobra do Caramiñal, José Manuel Iglesias, completarán esta mesa.
Nesta liña produtiva, a pesca artesanal contará con dous ámbitos de análise. Por unha banda, exporanse os retos e propostas deste sector, que serán trasladadas polo pescador e patrón maior da Confraría de Cangas, Francisco Javier Costa. Pola súa banda, o patrón maior da Confraría de Corucubión, José Dominguez Buitrón, exporá os principais riscos para a pesca de baixura.
A quenda deste venres pechará ca intervención “Os acordos de pesca entre a Unión Europea e países terceiros. Do papel á realidade”, introducida pola eurodeputada de AGEe, Lídia Senra.
O sábado será tamén o momento de abordar a situación de invisibilidade das mulleres no mundo da pesca, salientando a situación das mariscadoras a pé e o seu modelo de organización nun espazo desenvolvido por Pencha Santasmarinas Raposo, unha das mulleres feministas máis destacada no sector pesqueiro, merecedora da Medalla Castelao 2010, e que ten asumido distintas responsabilidades na Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, entre elas a de Xefa do Servizo de Organización no Sector Marisqueiro.
Santasmarinas estará acompañada pola redeira Geli Martínez Sotelo; a patroa maior de Arcade, Rita Míguez de la Iglesia e a presidenta da Agrupación de Mariscadoras de Arcade, Rosa Vilán Branco, que completarán a análise da situación das mulleres no sector pesqueiro galego.
A posta en común das mesas temáticas será realizada a través de distintos espazos de debate ao longo dos dous días nos que desenvolverá a xornada.
A deputada de AGEe, Lídia Senra, salientou como obxectivo principal da mesma “ter a oportunidade de intercambiar puntos de vista con representantes de distintos ámbitos das pescas, para deste xeito obtermos unha visión ampla e clara de cales son as preocupacións do sector con respecto á Política Pesqueira Común (PPC) e traballar dende AGEe para poder trasladalas no Parlamento Europeo”.


















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



