O Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal levará a cabo este mes de novembro no seu ámbito de actuación a segunda edición da campaña “Un Mar de Cultura: Os Nenos e o Mar”, que se presenta como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar entre os escolares, consolidándose como un complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes.
Como na súa primeira edición, o noso principal obxectivo é achegar a un elevado número de escolares de primaria e secundaria das zonas da Mariña e de Ortegal ao entorno litoral, para que descubran “in situ” a cultura mariñeira, os recursos naturais, as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal e as actividades económicas desenvolvidas polo sector pesqueiro dunha forma sustentable. Así mesmo, intentamos tamén que os escolares cambien a súa perspectiva sobre o respecto polo medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar.
Esta campaña vai dirixida a escolares entre 8 e 15 anos, que terán ocasión de entrar en contacto coa cultura mariñeira a través dunha proposta variada de actividades: rutas a pé, obradoiros medioambientais, visitas á lonxa, ás Redeiras, a Museos do Mar, a Carpintería de Ribeira .… Ademais, os centros participantes que o desexen, recibirán unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña e a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira no noso territorio. A información mais detallada aparece no documento adxunto.
Para o desenvolvemento da campaña, o Grupo de Acción Costeira conta coa Asistencia Técnica da Empresa Maremasma.





















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



