A Mariña, 6 de novembro de 2015. A Autoridade Portuaria Ferrol San Cibrao que xestiona os portos de Ferrol e San Cibrao – este último cedido en concesión a ALCOA ate 2022 – rouba co silencio e o consentimento cómplice dos alcaldes de Cervo e Xove, representantes por quendas no ente portuario estatal, a práctica totalidade dos beneficios por taxas portuarias e de actividade comercial no porto de San Cibrao. Estes dous alcaldes acoden en representación da comarca ás reunións deste organismo, son coñecedores das contas anuais da entidade, dos seus investimentos na comarca, e cobran dietas que parecen ser suficientes para pagar o seu silencio no organismo ante o roubo continuado dos investimentos que se deberan realizar na costa de Lugo polos beneficios que xera o movemento de mercadorías no peirao lugués.
VILLARES E SALGUEIRO VAN ÁS REUNIÓNS AUTORIDADE PORTUARIA UNICAMENTE POR COBRAR AS DIETAS
A responsábel comarcal nacionalista, Ana Ermida Igrexas acusou a Villares e Salgueiro de “ser o dúo de caladiños que mellor defende os intereses doutros territorios cando deberan estar defendendo o propio”, “nunca se escoitou a Villares ou Salgueiro abrir a boca para denunciar o saqueo aos intereses da comarca que ven executando a entidade portuaria da que fan parte cando vemos como ano tras ano as cifras de investimento na Mariña non se corresponde co nivel de recadación”, afirmou Ana Ermida. A portavoz nacionalista “retou a estes dous representantes da comarca no ente portuario a informar con detalle dos investimentos realizados na comarca pola autoridade portuaria.”
Os datos que publica a Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao na súa web sobre as contas anuais desde o ano 2012 a 2014(únicos datos publicados) reflicten que este organismo estatal recadou por taxas e outros conceptos no peirao de Morás 9.94 millóns de euros dos que a Mariña so recibiu no mesmo período 345.000 euros nos anos 2013 e 2014, tal como consta nos orzamentos do Estado, nos anos 2012 e 2015 non consta ningunha partida destinada a Lugo e no 2016 existe unha previsión de gasto de 40.000 euros.
A APERTURA DO DIQUE NORTE DE MORÁS AO TRÁFICO COMERCIAL É UNHA ASIGNATURA PENDENTE QUE NIN PSOE NIN PP CUMPRIRON ATE AGORA
A portavoz nacionalista volveu lanzar ao debate público a necesidade afrontar a liberación do dique norte de Moras ao tráfico comercial a sete anos do fin da concesión outorgada a Alcoa para o uso exclusivo das instalación portuarias; non parece de recibo que unha parte deste peirao siga sen ningún uso cando existe un estudo de Portos de Galiza en 2010 que garante a viabilidade do dique norte cun investimento de 30 millóns de euros con capacidade para buques con mais de 200 mts de eslora, mais de 11 de calado, accesos rodados e por ferrocarril e compatíbel co uso que neste momento dá a multinacional alumineira ao dique sur.
Ana Ermida lembrou que tanto PSOE como PP por quendas no goberno do Estado, “foron incapaces de afrontar unha infraestrutura estratéxica para o futuro da comarca, mentres están na oposición reclaman e cando soben ao goberno calan ou paralizan as múltiples iniciativas do BNG, a última no 2014 reclamando “abrir negociacións coa multinacional ALCOA para abrir o dique norte do peirao de San Cibrao, que leva anos en desuso, posto que multinacional so usa o dique sur”, votada en contra polo PP E emendada polo PSOE para eludir votala a favor.”















A artista manchega, coñecida pola súa mestura de raíz tradicional e sonoridades actuais, ofrecerá un directo íntimo e cheo de forza o sábado 20 de xuño ás 22:30 horas. Será unha noite para gozar da música con calma, entre amigos, nun ambiente próximo e acolledor, onde as cancións se comparten case como se fose unha conversa arredor dunha mesa. As entradas xa están dispoñibles en woutick!, polo que se recoméndase adquirilas con antelación para non quedar sen sitio nesta cita única.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



