Foz, 6 de novembro de 2015.- Neste pasado pleno do Concello de Foz do 03 de Novembro “Foz, Plataforma de Futuro” presentou tres rogos ó alcalde e o seu equipo de Goberno para a súa realización no menor tempo posible.
O primeiro rogo consistía en pedirlle ó Alcalde e ó seu equipo de Goberno que procedan á limpeza de todos os sumidoiros do barrio de Marzán, especialmente na zona do Cristo, zona de abundante recollida de auga pola súa pendente, agora mesmo eses sumidoiros están completamente tupidos o que fai que cando chove a auga non entra neles e pode haber un perigo importante de que esa auga se meta nas casas desta zona.
O segundo rogo vai dirixido mais directamente á Concelleira de Cultura.Nos últimos tempos recibimos numerosas queixas de veciños e veciñas do noso Concello, usuarios da biblioteca pública municipal, que nos trasladaban que o servicio estaba sendo moi deficiente, con falta de persoal, veciños e usuarios que se ofrecían a doar libros e non se recollían por falta de espazo, estes últimos días atopábanse que para acceder á Casa da Cultura tiñan que ir pola porta traseira por estar a porta principal fora de uso e cando chovía caía auga encima destas persoas por estar sucio o canelón do tellado da Casa da Cultura, por todo isto instábamos á Concelleira de Cultura a buscar solución a todos istos problemas.
E o terceiro rogo o facíamos como membro do Consello escolar do Colexio o Cantel, na última reunión deste órgano se nos transmitía que antes da xubilación dunha empregada municipal que facía alí a limpeza había dúas empregadas que limpaban 7 horas cada unha, agora despois desa xubilación hai unha empregada municipal que sigue facendo as 7 horas, pero a persoa que está substituíndo a persoa xubilada que pertence a unha empresa privada non está facendo as 7 horas,polo tanto pedímoslle ó Concello que proceda a cubrir o horario total desta persoa para que o servicio de limpeza deste colexio estea cuberto.Así mesmo tamén se nos transmitía dende o Consello Escolar que a línea de autobús que fai o recorrido por Ferreira a vella na parroquia de San Martiño se queixa de que hai unhas pólas de árbores que saen á estrada e fan difícil o paso deste autobús.
Neste Pleno tamén “Foz,Plataforma de Futuro” realizou tres preguntas:
-Solicítalle ó Alcalde de Foz información de ¿como vai quedar a circulación e aparcamento na Avda. do Cantábrico (zona da Praia da Rapadoira), despois das obras que se están a levar a cabo na construción do carril bici?.
-Para cando se vai realizar o dragado do porto de Foz, si fixo algunha xestión máis para que este se levará a cabo e si se vai proceder a facer un dragado completo do porto pesqueiro,porto deportivo e canle de entrada.
-Preguntamos tamén si ten coñecemento de cando se van empezar as obras de reparación da estrada da costa, manifestándolle que vemos q o PP vai facer un uso partidista desta obra en época electoral, cando esta obra xa tiña que estar feita, e dicíndolle ó Alcalde de Foz dende FPF que puido facer moito mais para que esta obra estivera executándose xa.
















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



