Lugo, 6 de novembro de 2015.- A Xunta de Goberno aprobou a asignación de 34 desempregados lucenses ás empresas beneficiarias do Ben Empregado II. Son 34 desempregados que agora obterán traballo en profesións como soldador; albanel; monitor educativo; camareiro; deseñador gráfico ou peón agrícola e gandeiro entre outros. Logo da aprobación deste bloque, correspondente á fase II do Ben Empregado II, xa son 82 os desempregados da provincia que teñen traballo grazas á Deputación.
A vindeira semana, a Xunta de Goberno da Deputación, aprobará ao redor de 150 perfís para que as empresas beneficiarias deste macroproxecto de fomento do emprego, poidan comezar co proceso de contratación canto antes. Cómpre destacar que o organismo provincial aprobou tamén a semana pasada abrir o prazo de solicitude para cubrir 70 postos de traballo do Ben Empregado I que quedaron vacantes. Os interesados deberán presentar as solicitudes dende o 9 ata o 19 de novembro.
Iluminación do Río Rato
A Xunta de Goberno aprobou devolver o proxecto de iluminación do Río Rato á Axencia da Enerxía, posto que “se atopaba incompleto”, tal e como informou o voceiro do goberno provincial, Álvaro Santos. Nesta liña, Santos explicou que “cando era Presidenta Elena Candia anunciou en Xunta de Goberno, o inicio de contratación do proxecto de iluminación do Río Rato, mais ao analizalo observamos que aínda non se atopaba completo como para proceder á contratación das obras, ao non contar nin cos permisos medioambientais pertinentes; nin cos da Confederación Hidrográfica”.
Santos valorou que “Candia non fixo nada, simplemente anunciar unha contratación que tecnicamente era inviable porque non se podía comezar co expediente tal e como se atopaba”. Deste xeito, o voceiro do Goberno Provincial informou que “nós agora o que fixemos foi devolver o expediente á unidade competente para que o complete e poder así proceder á contratación”
Comparecencia de Deputación
Santos Ramos explicou tamén que a Xunta de Goberno viña de aprobar a comparecencia da Deputación de Lugo no Contencioso Administrativo relativo ao procedemento: Dereitos Fundamentais núm. 314/2015-B, interposto por Elena Candia contra o acordo do 8 de outubro de 2015 pola Mesa de Idade. O Voceiro Socialista destacou que “esta é unha aprobación de trámite para que a Deputación de Lugo como administración implicada compareza no recurso á moción de censura”. Santos criticou a actitude “xudicializadora de Elena Candia que o único que busca é entorpecer ao Goberno Provincial, cousa que non vai suceder baixo ningún concepto”, sentenciou.
Moción de urxencia
Álvaro Santos Ramos informou que, como asunto de urxencia, se levou á Xunta a aprobación de solicitude de informes á asesoría xurídica en relación ao procedemento de alleación do Audi A8 da Deputación. “Cando chegamos ao goberno da Deputación, este procedemento xa estaba iniciado. Unha vez analizado, atopámonos con que é outra chapuza máis da Elena Candia” sentenciou Santos. Nesta liña, valorou que “poden haber irregularidades na tramitación do proxecto, en aspectos como a aprobación da ampliación do prazo de presentación de ofertas, adoptada pola Presidenta e non pola Xunta de Goberno, que é o órgano ao que lle corresponde a ampliación”.
Santos explicou que “observamos tamén que as avaliacións e valoración do procedemento de alleamento do Audi, non estaban feitas polos servizos técnicos da Deputación, e a documentación deste expediente en relación á furgoneta pola que sería cambiada, conta cunha valoración do propio licitador, non da Deputación. Como este non é noso proceder, solicitamos á asesoría xurídica un informe sobre todos estes aspectos para determinar a continuidade ou non deste procedemento, en base aos resultados deste informes elaborados polos servizos xurídicos”.




















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



