Lourenzá, 13 de novembro do 2015.- A presidenta e portavoz do Grupo Municipal Popular, Emma Álvarez Chao, reclamou este venres que a exención de taxas municipais para obras de rehabilitación poida facerse extensible a todo o termo municipal, de tal xeito que, as edificacións e vivendas que ao longo do concello están en situación de abandono ou en estado ruinoso poidan acollerse a este beneficio.
Os populares defenderán unha moción con ese obxecto no vindeiro Pleno municipal, tras lograr na anterior sesión da Corporación -a iniciativa do Grupo Popular e por unanimidade- que non teñan que abonar a licenza de obras os propietarios de vivendas situadas na área de rehabilitación integral (ARI), que estarían exentas deste pago.
VIVENDAS EN MAL ESTADO
Emma Álvarez argumenta a ampliación deste beneficio porque permitiría rematar con moitas vivendas con síntomas visibles de abandono ou en estado de ruína, fomentando o interese na súa rehabilitación por parte dos seus donos. A medida serviría tamén para evitar o risco que para vehículos e viandantes ofrecen estas edificacións deterioradas e que poden rematar con desprendementos de pezas estruturais da cuberta ou da fachada.
Amais, son moitas as edificacións de distintas índoles que, polo seu estado non alcanzan a ter interese para a rehabilitación pero cuxo presuposto para a súa demolición ten un custo elevado ao cal hai que engadir as taxas municipais, unha nova carga que agora se suprimiría.
A popular lembra tamén que a normativa vixente obriga aos propietarios a manter as construcións e edificacións en condicións de funcionalidade, seguridade, salubridade, ornato público e habitabilidade conforme as normas de protección do medio ambiente, do patrimonio histórico e da rehabilitación e insiste en que se podían apoiar desde o Concello estas obrigas a través desta exención de taxas.
UN CONCELLO MÁIS ATRACTIVO
O obxectivo final dos populares é contribuír cunha medida de incentivo a impulsar desde o Concello a dinamización económica e sostible de Lourenzá, ademais de facer deste un espazo máis atractivo para o visitante, loitar contra o feismo urbanístico, e potenciar un concello que ten dous trazados recoñecidos do Camiño Norte, que afectan a tres das súas catro parroquias, e que agora tamén poderán beneficiarse das axudas da Xunta correspondentes para o remate exterior de obras iniciadas.
MOCIÓN SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO
O Grupo Municipal Popular tamén defenderá outras dúas mocións, en apoio do plan da Xunta para fomentar o leite cen por cen galega e outra con iniciativas para combater a violencia de xénero
Emma Álvarez se solidariza e transmite o cariño e apoio do conxunto da sociedade de Lourenzá coas vítimas desta lacra e o fai a través dunha iniciativa do Grupo Popular despois de que en plenos anteriores a alcaldesa se negase a ler unha declaración institucional de apoio a este colectivo argumentado que era un pleno extraordinario, isto é, unha cuestión de forma.
Álvarez explica que a rexedora quedara en xuntar aos portavoces e facer unha declaración unitaria no pleno seguinte, algo que non fixo e que xustifica esta iniciativa do Grupo Popular que dá por feito contará, por tratarse do tema que se trata, co apoio de todos os edís comprometidos na erradicación desta lacra machista.








Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



