O colectivo viveirense PENSAMENTO E SEMENTEIRA vén de lle propor á concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández-Noriega, que reúna aos colectivos socio-culturais e veciñais para programar entre todos a celebración durante o ano 2016 do centenario das Irmandades da Fala.
No escrito rexistrado este venres no Concello polo colectivo recóllese que o vindeiro ano 2016 cúmprense os cen da fundación das Irmandades da Fala, entidade que destacou pola defensa e o uso do idioma galego en todos os ámbitos e onde os irmáns viveireses Antón e Ramón Vilar Ponte tiveron un importante papel.
“Sendo coñecedores de que o Concello de Viveiro vai contribuir coa programación dalgún acto arredor deste centenario —sinala no seu escrito o colectivo— a aconmemoración non só debería reducirse á tradicional conferencia divulgativa sobre as Irmandades e os irmáns Vilar Ponte”.
Así, PENSAMENTO E SEMENTEIRA proponlle á Concelleira de Cultura que a celebración se prolongue ao longo de todo o 2016 e que nas actividades que se desenvolvan se implique á totalidade das asociacións socio-culturais e veciñais do Concello, para o que solicitan que desde o Concello se faga unha convocatoria a todo o tecido asociativo de Viveiro,
O colectivo viveirés adianta tres propostas que, de se celebrar a reunión, presentaría para o seu debate. A primeira delas consistiría en que a corporación municipal declarase o ano 2016 como “Ano das Irmandades da Fala”. Tamén propoñen que as actividades de todo tipo que organicen as asociacións durante o vindeiro ano leven como lema: “2016, ano das Irmandades da Fala”.
A última das suxestións de PeS consiste en que se estude a instalación, ao rematar o ano 2016, dunha escultura dedicada ás Irmandades da Fala e a Antón e Ramón Vilar Ponte , no lugar que se considere máis adecuado, e que podería ser sufragado por suscrición popular e apoio de entidades públicas e privadas.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



