Mondoñedo, 19 de novembro de 2015.- Os concelleiros de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Ángeles Rodríguez, Manuel Tapia e Alberto García, respectivamente, e a directora do Centro Sociocomunitario, Mari Carmen Casasnovas, presentaron hoxe unha serie de actividades que de desenvolverán nunha xornada de portas abertas que terá lugar no Centro Sociocomunitario da localidade, o vindeiro luns 23 de novembro.
As exhibicións serán de zumba e baile moderno. A primeira delas ofertarase en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que entre as 17:45 e ás 18:45 horas será a de baile moderno. A xornada é gratuíta, e servirá de aliciente a todos os que queiran apuntarse a estas actividades, que ofrecerá o Concello de Mondoñedo a partir do mes de xaneiro, no Centro Sociocomunitario e na Casa da Xuventude.
Actividades que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro
O custe destas actividades, que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro, dependerá do número de inscritos e a intención é a de que as actividades teñan un horario flexible, “o mais axeitado tamén para a xente que traballa, de xeito que ninguén se quede sen poder desfrutar delas” salientou Alberto García, concelleiro de Xuventude. Mentres que o edil de Deportes destacou as características desta iniciativa e o beneficio que teñen para os veciños ao tempo que incidiu no seu cariz “saudable”. Pola súa banda, a edil de Benestar anunciou que estas actividades poderanse completar con clases de pilates, se así o solicitan os interesados. Para mais información, os interesados poden chamar ao Centro Sociocomunitario de Mondoñedo a través do número de teléfono 982 507 186.





















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



