CADERNOS DA VIAXE. Vimos de desfrutar dun derby exemplar. Ningún incidente, milleiros de seareiros das dúas equipas partillando, réplicas do derby das equipas coruñesa e viguesa de xornalístas, avogados.. Os seareiros galegos estamos no camiño de converter os partidos da mesma rivalidade nacional no que teñen que ser: na festa do noso fútbol.
Semella que a xente nova e mesmo moitas que xa sobardamos os corenta comprendemos a rivalidade (que xa lles anticipo que será eterna) en termos deportivos e saudábeis. O Dépor (o Celta para a outra metade de Galicia e o mesmo o Breogán, o COB e máis o Obra) pode ser a miña equipa e o meu referente e clave na miña identidade e socialización, mais isto non nos pode pechar en nós propios, sen advertir que Dépor e Celta, A Coruña e Vigo, son pezas senlleiras deste País europeo chamado Galicia que vivimos, gozamos e, ás veces, sofrimos.
Velaí o acerto no uso do noso hino e bandeira nesta caste de eventos. Os seareiros que cantaron este día “La Marselleise” no Stade de France deprendéronos que o patriotismo vai íntimamente vencellado á convivencia en liberdade.Os seareiros que cantamos o hino nacional en Riazor expresábamos a convicción de que podemos sentir a Patria sen refugar da nosa identidade deportiva e local, porque Galicia é un espazo de convivencia e un proxecto de futuro común ao norte e ao sur.
Porque o sentimento patriótico non prexudica, senón que lle da sentido e contido á plena asunciòn da común identidade europea, ao recoñecemento e potenciación dos vencellos de amizade e solidariedade que nos unen cos demáis pobos do Estado e á afirmación das liberdades individuais, dos valores universais da persoa humana e da solidariedade e igualdade. Somos cidadáns do mundo dende a nosa galeguidade.
Bó número de galegos e galegas de orixe latina, magrebí ou doutros pobos europeos celebraron canda nós este derby. O que quere dicir que non hai mellor expresión da identidade que recoñecermos nun proxecto común de futuro. O patriotismo do futuro é o patriotismo cívico.
A arrincadeira
Os xogadores de ambas as dúas equipas non respectaron a escoita do hino nacional, pois que segueron a quecer polo terreo de xogo. Un erro da organización (que non dos xogadores) que compre amañar no inmediato futuro.
Xoán Antón Pérez-Lema





















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



