Nota de Prensa
EM RELACIÓN CO COMUNICADO DO REPRESENTANTE DA BURELA BLUES BAND.
O GMPP de Burela, ante a nota feita pública polo “máximo representante” da Burela Blues Band, quere manifestar que non está sorprendido da súa resposta, ainda que si polo tono que destila, e porque sexa precisamente el, e non a Concelleira Delegada de Educación, quen aclare esta situación.
Antes de nada, deixar claro que non temos nada en contra da Burela Blues Band porque, efectivamente, o PP axudou a creala, como creou e potenciou a Escola de Mùsica e como organizou outras moitas actividades de potenciación das capacidades musicais dos rapaces e rapazas de Burela: edición de discos, concertos, etc.. De aí que a nosa nota se basase en formular preguntas sobre as que seguimos a ter dúbidas, e agora máis fortes se cabe.
Poderíamos dar por boas certas explicacións (por exemplo, ó traslado dos rapaces e propiedade de certos insturmentos) se fosen formuladas pola Concelleira Delegada, polo que frente á “decepción e indignación”, fonda pena é a que nos dá que non sexa quen tiña que ser quen dea as oportunas explicacións. Alá eles.
Dito esto, queda claro que a Burela Blues Band forma parte da Escola Municipal de Música, porque nas bases de contratación do profesorado, de 2007 e de 2009, así consta. Pertenza que implicitamente recoñece o “máximo representante” da Blues Band. Esto quere decir que se a Escola está pechada, os profesores están sen contrato, co que non hai director de nada nin profesor de nada, en tanto en canto non se resolva o proceso selectivo. Ou sexa, non hai ningunha relación legal, durante ese tempo, entre o profesorado e o Concello. Como se pode organizar un “bolo”, unha actuación, por todo ou parte do profesorado a Escola usando un nome que é propiedade do Concello de Burela se non hai relación legal con el?
Por eso mesmo, resulta chocante que se use para ir tocar a Lourenzá un nome que é propiedade do Concello. Se querían ir tocar, que nos parece ben, que fosen con outro nome. Ademais, non queremos pensar que no momento da sinatura do contrato da actuación xa se soubese que a actividade da Escola se suspendía o día trinta de Setembro, porque se da a casualidade que ese mesmo día remataban os contratos de “todo” o profesorado da Escola. Polo indicado, o “máximo representante” da Burela Blues Band non é quen para asinar ningún contrato de ningunha actuación
Esta cuestión non é menor, porque estamos a falar do uso público dun nome do Concello de Burela de forma “alegal”. E se pasa algo durante a actuación? Que pasaría? Quen se responsabilizaria? Que diría o Concello de Burela? Estes son temas mui serios que non se deben tratar con “indignación”, senon con serenidade e rigor.
Por último, non queda claro que contía se cobrou e en nome de quen se cobrou. Se se toca co nome de Burela Blues Band, os cartos hai que depositalos no Concello, e supoñemos que haberá factura e documento acreditativo. E será o concello o que destine eses cartos ó que estime oportuno. Se se toca con outro nome, ese xa é outro cantar.
Eso vai levar a este Grupo Político a solicitar no Concello toda a documentación referida a actuacións da Burela Blues Band, contratos, facturas emitidas, documentos acreditativos de cobro, etc., dos anos 2008 e 2009.
Finalmente, indicar que desde o PP non polemizaremos coa Burela Blues Band. Deben entenderse as nosas manifestacións como unha aportación para que as cousas funcionen o mellor posible. Nós a quen lle pedimos explicacións é a Concelleira de Educación, Lucía Bouza, e ó Alcalde, que é o máximo responsable, porque estamos a falar de cuestións políticas, e en ningún caso artísticas, algo que parece que alguén ou non o tén claro, ou se deixa levar por unha pasión inducida. Nós non polemizamos nin con músicos nin con pais, e non aceptaríamos que quen tén que respostar se esconda neste asunto. E eso lle pode provocar a alguén desasosego de espíritu ou problemas de conciencia. E o Grupo Municipal Popular, de espíritu, ben, e de tranquilidade de conciencia, cousa que tamén é importante, tanto ou máis co espíritu, mui ben.




















En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.



