San Cibrao, 10 de decembro de 2015.- Segundo denuncia a Unión Sindical Obreira (USO) de ALCOA San Cibrao, cada vez está máis claro que a intención de ALCOA en España era unicamente poder introducirse no mercado europeo, e que unha vez conseguido isto, agora o interese é baixar a produción en España e fornecer a través da súa sociedade de Arabia Saudita na fábrica de Ma’aden onde posúe un 25%, e onde os custos son moitos máis baixos. Os compañeiros da fábrica da Coruña denunciaron este feito con fotografías onde se ve claramente o selo de ALCOA nun embarque de aluminio que entrou polo porto de Vigo. ALCOA, que no nadal pasado vendeu as fábricas de Bilbao e Alacante e anteriormente as de Sabiñanigo (Huesca) e Noblejas(Toledo), e as rendibles oficinas no centro de Madrid, recuperou sobradamente máis do pago polo conxunto da antiga macro empresa pública INESPAL, ademais de ter durante moitos anos unha subvención eléctrica moi rendible ata que o prohibiu a Comunidade Económica Europea.
Se non se poñen trabas ás importacións de metais de terceiros países onde a man de obra é máis barata, con condicións laborais de escravitude e onde non se pagan impostos por contaminación, entón en Europa pecharán todas as empresas porque non estaremos en condicións de competir no libre mercado mundial.























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



