Foz, 21 de decembro de 2015.- O Grupo Municipal de Foz Plataforma de Futuro,Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Á altura do punto quilométrico número 4 na estrada LU-152 competencia da Xunta de Galicia, Foz-Ferreira, atopámonos no barrio de Ver en San Martiño que nesta estrada hai un enlace dende esta dirección á antiga estrada que pasaba por este lugar antes de facer a nova. Xa en campaña electoral veciños desta zona nos fixeron chegar ós membros de FPF dun plano (o cal axuntamos) e a petición de facer os trámites pertinentes para dar solución definitiva a un proxecto que xa estaba en marcha con anterioridade e non se deu finalizado. (Axuntamos foto do lugar referido). Esta estrada de unión entre a estrada principal e a antiga serviría para acceder e saír deste barrio tal vez con máis facilidade e menos perigo que cos enlaces existentes na actualidade.
Por todo o anteriormente exposto e os numerosos veciños e veciñas que no lo pediron propoñemos á Corporación Municipal a aprobación do seguinte acordo:
-Instar á xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas) a retomar e acabar o proxecto da estrada Foz-Ferreira LU-152 PKM 4, que consiste na ampliación deste enlace entre a estrada nova e antiga, con ancheamento da calzada,durante 52 metros e canalización durante 38 metros dun rego de auga, e a súa posterior reposición de pavimento e a súa sinalizacións correspondente.