Probablemente, a crise económica contribíu a reducir o impacto, pero o ambiente leva décadas clamando por unha redución no ritmo de consumo de recursos naturais. Constátase un gasto de enerxía superior ao necesario, unha produción de residuos esaxerada, o aumento do uso do transporte privado, o incremento de emisións de efecto invernadoiro e da contaminación en xeral. Son estes os síntomas dunha sociedade en perigo.
ADEGA elaborou o manual “Por un Nadal máis verde” para axudarche a superar as festas do consumismo. Algúns consellos que atoparás neste manual para que o noso comportamento nestas festas non contribúa a deteriorar o noso patrimonio natural:
– Na nosa mesa mellor produtos locais e de tempada, sen esaxerar en cantidade para non ter que tirar despois a comida. Evita aqueles alimentos que percorreron moitos quilómetros até o noso prato procedentes de monocultivos en zonas arrasadas de bosque tropical, como son os ananás, ou ben de ecosistemas fráxiles, como o caso da cría de lagostinos nos manglesais ou capturados con pesca de arrastre. Innova este ano e muda de menú, merca produtos ecolóxicos, de pesca artesanal e de comercio xusto.
– Consume produtos galegos e etiquetados en galego. O consumo de alimentos, artesanía, etc. feitos en Galiza, por pequenas empresas, e de xeito artesán, contribúe a reducir emisións e inviste nos teus veciños e veciñas máis próximos.
– Non espolies o monte, evita arrincar seres vivos para os adornos naturais. Especies como o acivro ou a xilbardeira (Ruscus aculeatus) foron comunmente arrincados para este fin. Mellor que eles fiquen no medio natural e nós lle botemos imaxinación á hora de engalanar a casa por exemplo con materiais reciclados.
– De agasallar mascotas (mellor en adopción procedentes dun refuxio de animais) ou plantas, ten en conta que a persoa á que vai destinada será a responsábel de coidala axeitadamente todo o ano. Poderá?… Con todo, procura evitar agasallos de animais ou plantas exóticas porque poden provir de ecosistemas en perigo. Ademais, a súa liberación fortuíta ou ben intencionada no noso ambiente pode causar graves danos á biodiversidade autóctona.
– Se precisas mercar ou agasallar cousas de países lonxanos lémbrate das entidades galegas que desenvolven iniciativas de comercio xusto. Agasalla compromiso co patrimonio natural e cultural de Galiza e contribúe a manter viva unha loita de máis de 39 anos.
– Finalmente, unha boa idea para agasallar nestas festas sempre é facerte/lle socio/a de ADEGA.
E lembra, consume sen consumirte. Bo nadal.






















A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



