RIBADEO (FNC) .-O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de enviarlle un novo escrito ao enxeñeiro xefe da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, sobre ese terceiro acceso á variante. Pídelle que se proceda á suspensión do procedemento iniciado de desafectación dos bens e dereitos da expropiación á espera de que se celebre ese encontro entre Fomento e o Concello coa Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta. Xuntanza que foi proposta polo propio rexedor ribadense.
O alcalde de Ribadeo pide a Fomento que pare as desafectacións de expropiacións ata que resolva o novo acceso
O alcalde de Ribadeo pide a Fomento que pare as desafectacións de expropiacións ata que resolva o novo acceso
Relacionado
-
O Concello mellorará a seguridade na Avenida Ría de Ribadeo sinalizando con liña continua entre as rotondas de Piñeira e Vilar
-
Por Viveiro pide a reparación da ponte da Carreira
-
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, reclama por quinta vez unha reunión co presidente da Deputación para abordar diversos asuntos de interese para o municipio