Burela, 5 de marzo de 2016.- O próximo xoves, 10 de marzo, ás sete da tarde, terá lugar no Salón de Conferencias de Burela (antiga biblioteca) unha charla taller denominada Aprende a Reciclar, que organiza a Concellería de Medio Ambiente.
A responsable desta delegación municipal, Noelia Mª Ben, explica que “o obxectivo é que os cidadáns de Burela aprendan a separar o lixo correctamente e poidan despexar todas as dúbidas que teñan ao respecto”. A charla taller será impartida polas monitoras de educación ambiental do Concello, e constará do visionado dun vídeo editado por Sogama e dun taller práctico.
“Esta acción ven completar unha serie de actividades que estamos a facer co mesmo obxectivo: ecoconsellos no facebook de Medio Ambiente, monográficos sobre a recollida selectiva en Radio Burela, charlas nos CEIPs… Dende a miña delegación é unha prioridade mellorar as taxas de recollida selectiva e polo tanto faremos todo o que estea ao noso alcance para acadalo”, engadiu a concelleira de Medio Ambiente.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



