NOTA DE PRENSA
O GMPP afirma que as axudas de corenta euros de Nieves Cando non teñen convocatoria oficial.
Os populares afirman que tampouco hai a día de hoxe partida presupostaria.
Aseguran que o alcalde é responsable desta situación.
O GMPP de Burela afirmou hoxe que as declaracións do BNG de Burela sobre as axudas para libros da Xunta son radicalmente falsas porque o setenta por cento das famílias recibirán as axudas e porque a axuda máxima cubre perfectamente a totalidade dos libros. Os populares lembran que nos catro anos de Xunta bipartita, o importe que abonaba a Xunta tampouco cubría a totalidade do material escolar, e mesmo había que pagar os cadernos de traballo.
Ademais, os populares pídenlle ó Bloque burelés, especialmente a Nieves Cando, seriedade e rigor no traballo. Os populares consideran que a axuda de corenta euros posta en marcha polo Bloque é inxusta, porque tanto se lle dá a unha família con tres mil euros de ingresos ó mes, coma a unha família que gana mil. Eso se este ano se chega a pagar.
Porque o máis preocupante do caso, é que as axudas dos corenta euros están convocadas a través da prensa, pero, a día de hoxe, nin hai partida presupostaria para pagalas, nin se iniciou o expediente administrativo, nin hai bases que regulen a convocatoria. En fin, a día de hoxe non hai nada de nada, pero as familias xa están entregando as facturas no concello.
Polo tanto, desde o PP entendemos que Nieves Cando, ademais de ser unha irresponsable, está a rirse da xente e xogando con ela, porque se se chegan a aprobar as bases, xa veremos se as famílias non teñen que volver a presentar outra vez a documentación, tendo en conta que deben expoñerse ó público e abrir un período de alegacións. Coas cousas de comer non se xoga, e cos cartos da xente, tampouco, porque cando se abre un proceso así, hai que ter todos os trámites administrativos feitos e verificados.
En definitiva, que ó Bloque o que lle gusta é sair na prensa, facerse fotos, e despois resulta que non hai traballo que sustente todo o que di e anuncia na prensa.
Os populares adiantan que no pleno do vindeiro xoves preguntaranlle ó alcalde por este asunto. E eso porque os populares entenden que o alcalde ainda é máis culpable ca Nieves Cando, porque en condicións normales o alcalde tiña que ter desmentido tal anuncio, por non haber absolutamente nada a nivel administrativo, e tampouco partida presupostaria. E en todo caso esto debería ser motivo para NIeves Cando presentara a súa dimisión por anunciar unha subvencións que a día de hoxe non se poden dar, porque sencillamente non hai ningún trámite administrivo feito no concello.


















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.