Ribadeo, 11 de marzo 2016. Do 19 ao 28 de marzo estará activo o plan especial de visitas á praia das Catedrais durante a Semana Santa. Para acceder ao areal será preciso obter os pases correspondentes a través da páxina web da Xunta https://ascatedrais.xunta.es/. Ao igual que durante o pasado verán serán 4.812 as autorizacións que se expedirán diariamente por parte da Xunta, da Mancomunidade de Municipios da Mariña, do Clúster de Turismo de Galicia, dos hoteis de Ribadeo e tamén dos taxistas da vila, que disporán por primeira vez de tíckets diarios para quen elixa este método de transporte. Ao acto de presentación deste plan asistiu o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez. No centro de cultivos mariños estiveron a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, a directora xeral de Conservación de Natureza, Ana Mª Díaz, e a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias.
O rexedor manifestou: “eu estou convencido de que as cousas para que cheguen a bo porto téñense que facer de maneira conxunta e pola parte do Concello así foi, así é e así vai ser”.
Suárez Barcia lembrou que “sabedes, porque hai moi poucos días mantivemos un encontro afable, agradable, aberto e participativo, e escoitastes tamén na Consellería de Medio Ambiente sobre o plan especial da praia das Catedrais que estamos elaborando e que pende directamente do Plan Xeral de Ordenación Municipal que a propia Consellería aprobou hai un ano. Penso, polo que os técnicos da empresa redactora do plan especial me indican, que nos próximos días poderemos xa someter á consideración da Consellería o que é o estudo inicial por si vedes que hai algo no que discrepades ou non, para seguir traballando en conxunto”.
O alcalde ribadense engadiu que “o goberno municipal e entendo que a Corporación o que queremos é que siga sendo un reclamo turístico impecable de Ribadeo, da Mariña tamén, pero por encima da Mariña e do país, de Ribadeo porque está en Ribadeo e iso queremos que quede claro. No pasado tivemos algúns desencontros e foi fonte de conflitos, pero o territorio é o que é e os marcos son os que son e neste país hai moita manía de polas noites mover os marcos de sitio e iso non queda ben”.
Suárez Barcia dixo que “non estamos inventando nada, solo queremos copiar dos mellores sitios do mundo onde organizan este tipo de espazos turísticos e económicos, de tantos lugares de Europa que xestionan a capacidade de traer a miles de persoas cunha xestión sustentable do territorio. Entendo que o que debemos facer agora a Xunta e o concello é xestionar a transitoriedade, é dicir qué facer durante todo este tempo, o ano, o ano e medio, o tempo que sexa en tanto ese plan especial non estea aprobado definitivamente e que regule xa máis seriamente o funcionamento do transporte público, onde aparcan os vehículos e como se xestiona mellor. Nese senso o noso compromiso é sincero como sempre foi”.
Finalmente o alcalde declarou que “estes últimos anos para Semana Santa non tíñamos os aparcamentos que alugamos na época estival, pero agora xestionamos cos seus propietarios e non teñen ningún problema en cedérnolos para que poidamos ter unha válvula de escape ante tal avalancha de xente. Por tanto pedimos que ese persoal que a Consellería vai poñer a disposición do control dos vehículos que usen de entrada para que os coches aparquen aí e volvan tamén por aí. Se iso queda colapsado que se busquen outros territorios, pero que entren primeiramente por aí”.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



