O voceiro provincial socialista, Álvaro Santos Ramos, informou este venres que a Deputación acaba de pór en marcha a Central de Reservas para adquirir as entradas de xeito anticipado das Rutas Fluviais,que comezarán a funcionar a vindeira semana.Os interesados en adquirir os tíckets xa o poden facer na web www.reservas.rutasembalses.es. Máis información no teléfono 982260196 ou no correo catamaranes.turismo@deputacionlugo.org.
“O venres, 18 de marzo, terá lugar en Doade o acto de inauguración de dúas das Rutas Fluviais, que son as que primeiro poñemos en marcha. Nel participarán profesionais do sector, tanto de Lugo como de Ourense, ademais de autoridades. A partir do sábado, 19 de febreiro, as rutas fluviais estarán xa a funcionar, coincidindo, ademais, coa celebración da Semana Santa”.
O voceiro explicou que as rutas dispoñibles son: a do Canón do Sil, cuxo percorrido é Doade-Mosteiro de Santa Cristinta-Doade, no Concello de Sober; e a do Cabo do Mundo, que vai dende Belesar-Área Recreativa de Maiorga e volta a Belesar Pobo, en Chantada.
Xunto á creación da central de reservas, nas dependencias do Clube Náutico de Doade, a Deputación habilitará unha oficina para a venda de billetes e para información turística de toda a provincia en xeral, e da Ribeira Sacra en particular.
Do mesmo xeito, tendo en conta a elevada afluencia de visitantes que acolleron as rutas fluviais no 2015, con preto de 50.000 persoas; o organismo provincial vai a incrementar o número de profesionais de atención turística e de seguridade nos embarcadoiros.
Horarios
En tempada de inverno, que se establece dende outubro ata finais de maio, as rutas estarán operativas de mércores a domingo no Canón do Sil e as fins de semana na Ruta do Cabo do Mundo, ás 11.30 e ás 16.00 horas. Igualmente, as dúas rutas estarán operativas durante a ponte das Letras Galegas, a Ponte do Pilar e o da Constitución.
En tempada de verán, que comezará o 1 de xuño e rematará o 30 de setembro, incorporará tamén á oferta a Ruta da Reserva da Biosfera “Terras do Miño, dende o embarcadoiro dos Robles, na cidade de Lugo, que funcionará todos os días ás 12.00, 13.00, 17.00, 18.00 e 19.00 horas. As outras dúas rutas, que serán tamén diarias, funcionarán ás 11.30, 16.30 e 19.00 horas.
Máis emprego
A Xunta de Goberno aprobou a contratación 12 desempregados lucenses, que agora están a traballar en 11 entidades da provincia grazas ao Ben Empregados da Deputación. Os postos de traballo que ocupan son: un axente de turismo para unha axencia de viaxes en Sarria; un esteticista na capital lucense; varios peóns gandeiros en explotacións de Guntín, Sarria, A Pontenova e O Saviñao; un axudante de perruquería en Mondoñedo; un Peón Forestal en Navia de Suarna; un arquitecto en prácticas en Ribadeo; 2 traballadores sociais en Lugo; e un técnico informático tamén para a cidade luguesa.
A xunta resolveu, ademais, unha nova entidade beneficiaria do Ben Empregado. Trátase da Federación de Asociacións do Ámbito Social en Lugo, que busca un Dinamizador Comunitario.
O teu esforzo ten premio en Lugo
Na sesión tamén se resolveu a concesión de 16 bolsas para custear integramente a matrícula no Campus de Lugo a outros tanto mellores expedientes de BAC, FP e Grao. Estas becas enmárcanse no plan “O teu esforzo ten premio en Lugo”, que puxemos en marcha ao abeiro do Plan de Impulso do Campus de Lugo que temos coa USC.




















Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.