Santiago, 1 de abril de 2016.- O voceiro da área forestal do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, considerou “un sinsentido” que toda a oposición apoiara este venres unha proposición non de lei do BNG solicitando que as comunidades de montes veciñais non paguen o imposto de bens inmobles (IBI), “cando xa están exentas”. Neste sentido, defendeu a aplicación deste beneficio previsto na norma en consideración coa natureza e función social que desempeñan estas agrupacións forestais.
Balseiro indicou que a propia normativa reguladora dos montes veciñais en man común cualifica estes bens como indivisibles, inalienables, imprescritibles e inembargables, polo que, “sen espazo para a dúbida non están suxeitos a contribución algunha de base territorial nin á cota empresarial agraria”.
IMPOSTO DE SOCIEDADES
Situación similar acontece co imposto de Sociedades que, trala reforma operada en 2014 (Lei 27/2014, do 27 de novembro) a iniciativa do Partido Popular, establece un réxime particular de tributación especial para as comunidades de montes.
En concreto, se lle recoñece unha serie de reducións da base impoñible do imposto e unha gran flexibilidade á hora de favorecer os investimentos no propio monte polos que teñen dereito a desgravarse o gasto realizado.
Incluso a propia norma establece que as comunidades titulares de montes veciñais en man común non estarán obrigadas a presentar declaración por este Imposto naqueles períodos impositivos en que non obteñan ingresos.
Precisamente por todas estas razóns o deputado popular asegurou que a oposición fixo o ridículo cando, na Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia que tivo lugar este venres, amosou o seu apoio a unha iniciativa do BNG que reclamaba unha exención e beneficios fiscais para estas comunidades de montes que as propias leis vixentes xa contemplan.
















Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



