Ribadeo, 1 de abril de 2016.- Este sábado 2 de abril, ás 20:00 horas, terá lugar no Bar Cantón Ribadeo, Pza. de España, 16 (Cantón Moreno, 16) a presentación da candidatura “Un Mar de Xente” ó consello cidadán autonómico e á secretaria xeral de Podemos Galicia, coa presenza de Carmen Santos Queiruga, candidata á secretaría xeral.
O obxecto de dito acto é a presentación dunha das tres candidaturas, “Un mar de xente”, que optan á secretaría xeral e ó consello cidadán de Podemos Galicia. Unha delas será a que afrontará as próximas eleccións autonómicas galegas, co reto de reeditar o éxito das últimas eleccións lexislativas.
Entre outras falarán e responderán ás asistentes Carmen Santos (candidata á secretaría xeral de Podemos Galicia) e compañeiras e compañeiros de candidatura.