Burela, 5 de abril de 2016.- O Concello someterá a aprobación no pleno ordinario deste xoves, 7 de abril, o orzamento para este ano que ascende a 6.900.000 euros, dos que un 14% se destinan a Servizos Sociais, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “estes son uns orzamentos que penso se adaptan perfectamente ás necesidades agora mesmo do noso concello, increméntanse nun 4´5% respecto ao ano pasado e case chegan aos 6.900.000 euros”.
O alcalde burelés salientou que “se adaptan perfectamente ás necesidades de Burela, necesidades que nos gustaría que tivéramos máis para facer fronte a moitas cousas que agora mesmo preocupan como pode ser o emprego, pero trataremos que os veciños estean ben atendidos, que os servizos se manteñan en boas condicións e poder facer e ofrecer cuestións que sexan boas para Burela”.
Alfredo Llano subliñou que “as novidades máis grandes son por un lado este incremento do 4´5% con respecto ao ano pasado, pero tamén imos ter unha boa partida para investimentos reais, que soamente de recursos propios son 350.000 euros, e a maiores recursos que contamos con eles como son obras do POS da Deputación, da Xunta ou de máis organismos co que podemos chegar este ano aos 600.000 euros reais de inversión”.
O alcalde de Burela engadiu que “dentro deses investimentos reais imos procurar facer as casetas no campo de herba artificial, cuestión moi demandada e nosoutros adquirimos ese compromiso de realizalas e posiblemente este ano xa estean rematadas. Ademais imos tratar de rematar cos recursos que nos corresponden a nosoutros a nova Escola Infantil para poder abrila no mes de setembro. Tamén imos tratar de facer unha nova sinalización no concello de Burela, está moi caduca e polo tanto queremos renovala. Imos tratar de asfaltar tamén varias rúas de Burela e cambiar moito mobiliario urbano que agora mesmo está bastante obsoleto”.
Llano indicou ademais que “outra novidade é o incremento en servizos sociais que é a partida que máis cartos leva, o 14% do orzamento. Ademais temos 15.000 euros que se van dedicar a favorecer o emprego. Por outra banda, queremos chegar a facer convenios coas empresas de Burela para que poidan facilitar a labor de contratar a persoas que estean no paro. Tamén imos conceder subvencións a asociacións, colectivos e agrupacións para que sigan realizando actividades no noso concello”.
O alcalde de Burela dixo que “basicamente do que se trata é de que con estes orzamentos se favoreza a todos os veciños de Burela, responder ás esixencias que temos no noso concello e tratar de mellorar cada día máis o asentamento de poboación, que os veciños estean contentos, que aquí se poida levar adiante un bo proxecto de vida, que haxa todos os servizos nas mellores condicións posibles e tratar de que sexa Burela un referente claro na Mariña, que é o que queremos todos”.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



