Teodosio Vesteiro Torres foi un escritor do S.XIX pouco coñecido, acaso porque a súa vida foi moi efímera: finou tráxicamente ós 28 anos de idade. De ascendenza luguesa, nacera en Vigo en 1848. Con só 12 anos ingresa no seminario onde os éxitos académicos non se fan esperar e aínda estudante chega a rexentar unha cátedra de Humanidades.
En 1871 abandona o seminario e trasládase a Madrid;traballa como profesor de música e colabora en distintas revistas. Funda “Gaceta Literaria” que reunirá ós intelectuais galegos, residentes na capital,entre eles Añón e Curros Enriquez, creada “para contribuir á prosperidade de Galicia”. Autor de “Galería de Galegos Ilustres”, en varios tomos, e “Recuerdos de Galicia”: nun destes da a súa versión sobre a orixe de “tomar as de Villadiego”: polo S. XVI vivía en Ribadeo D.Diego de Villalpandro, deudo dos condes daquela vila que, por cuestión de amoríos, viuse envolto nun duelo que resolveo atravesando coa espada o corazón do contrincante. Por temor á xustiza fuxíu de Ribadeo e non parou deica as proximidades Burgos. Alí, para ocultar a súa personalidade trocou o apelido, pasando a chamarse don Diego de Villadiego. O duelo transcendeo e houbo en Ribadeo interrogatorios sobre as andanzas do criminal, e o xuiz víuse obrigado a requerir “qué veredas tomaría don Diego”: “Las de Villadiego” contestaron, e era verdade.
O maxistrado despachou exhortos á vila de Villadiego en requisa de Diego de Villalpando, contestando os daquéla que alí non había mais Diego que o de Villadiego, e tiñan razón.
E así prevaleceo tal dito para definir unha fuga venturosa co correspondente burlete ó decir: “tomou as de Villadiego”.
Vesteiro foi unha alma atormentada e o fracaso de “Galicia Literaria” e a influencia do espíritu romántico da época propiciaron que o 3 de febreiro de 1837 rematara coa súa vida con un tiro na sien, no paseo do Prado de Madrid,ó xeito que uns antes o fixera o romántico Mariano José de Larra.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



